PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA
Bos días familias, Que tal? Vanse facendo xa longos estes días de confinamento? Espero que esteades cos mellores ánimos posibles e que os pequenos/as tamén, porque seguro que están máis inquedos do normal, presentan conductas negativas,... Todo isto é normal porque se tiveron que adaptar a unha situación que non é a que están acostumados, non poden saír da casa para nada, relacionarse cos demais da súa idade,... Por todo isto, é moi importante falar con eles/as estes días, que fagan un diario de como se atopan, facer unha lista de cousas que poden facer cada día,... Hoxe propóñovos varias actividades que podedes realizar estes días. Estas son: Crear un landart do abecedario con material do fogar, como este exemplo: Mirar pola ventá da casa e buscar cousas que empecen pola letra do abecedario que lles digades. Logo téñenas que escribir en maiúsculas ou minúsculas dependendo do nivel. Por exemplo: A: árbore C: casa E: estrada ... Buscar pola casa pala