Publicacións

DESPEDIDA

Imaxe
En primeiro lugar, nesta entrada convídovos a ver a páxina web do cole onde está colgada a revista anual, a guía de lectura do verán (onde aparecen varios libros recomendables) e o resultado do concurso de Borrajanchos. Neste concurso, os tres gañadores foron nenos/as da nosa aula, concretamente: 1º premio: Laura con "Castaña de cores" 2º premio: Álex con "A paisaxe máis colorida" 3º premio: Lucía con "Monstruo de colores" Noraboa aos tres! Encántaronme os borrajanchos 😍!  Recordarvos que a páxina do cole é: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/ Ademais, a mestra Paula mándavos un vídeo súper bonito onde se despide: Por outra banda e, c omo podedes supoñer polo título, esta é a última entrada do actual curso. Por un lado, dáme pena por pensar que xa se acaba o contacto con vós por un tempo (espero vervos de paseo, no parque ou na praia); pero, por outro lado, estou moi esperanzada de que para o ano poidamos, por f

ÚLTIMAS TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

Imaxe
Bos días familias, Como xa supoñedes hoxe xa non hai reto, pero houbo algunhas nenas que si me mandaron as súas últimas TAREFIÑAS . Entre as pequenas que o fixeron, destacar a Lucía , a cal estivo realizando o reto que vos propuxen onte, facendo un debuxo súper bonito: Quedoulle xenial, verdade 😍Ademais deste, creou o conto a partir do que lle saía no dado: Canta imaxinación e creatividade! Encántame 😀!  Finalmente, realizou algunha fichiña de lóxica-matemática e de lectoescritura: Así mesmo, fixo a actividade do profe Dani de decorar o seu nome: Traballou un montón toda esta tempada 😊! Atendendo á segunda das nenas que me mandou fotos das súas tarefiñas, destacar a Laura , a cal puxo en práctica o reto do debuxo de marabilla: Eu tamen vos boto de menos 😔! Ademais deste reto, realizou o dos sentidos identificando varios alimentos: Xenial 😀! Tamén, puxo en práctica o de crear o animal fantástico, creando un se

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

Imaxe
Boas tardes familias, Que tal? Que estivéstedes facendo onte? E hoxe a mañá? Espero que fixérades un montón de cousiñas chulas 😊! Hoxe móstrovos o último RETO deste curso (esperemos que para o ano non sexan precisos). Esta pequena tarefiña consiste en facer un debuxo e/ou escribir unha frase mostrando o que máis vos gustou da escola durante este ano! Seguro que o facedes de marabilla! Moito ánimo! Atendendo xa ás TAREFIÑAS dos nenos/as, hoxe comezo por Álex , o cal fixo varios dos retos que vos propuxen ultimamente. Entre eles, están: - O reto de buscar formas xeométricas pola casiña, atopando un triángulo, un círculo, un cadrado, un rectángulo e un hexágono 😀. Mirade onde os atopou: - O reto de describir a súa foto favorita: - O reto de ordenar obxectos de maior a menor tamaño: Fixo xenial os tres retos, verdade 😍? A min tamén me encanta a foto, seguro que o pasou xenial en Warner Bros. Ademais, está súper ben descrita! A maiores dist

RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

Imaxe
Boas tardes familias, Que tal? Foron os pequenos/as onte ao parque ou a xogar con algún compañeiro/a? E agora a mañá, a que andiveron? O RETO de hoxe está relacionado coa lectoescritura, concretamente, consiste en crear un conto. Para elo, hai que ter un dado, se non o tendes podedes facer varios cachiños de papel, poñedes os números e elixides cos ollos tapados ou cos papeis xirados. A continuación, lánzase, por primeira vez, o dado para saber que protagonista nos toca; logo, o escenario; a continuación, o obxecto; despois, a situación e finalmente, o outro personaxe atendendo sempre ao número que toca. Unha vez seleccionado todo, é hora de elixir o xénero e recibir un pouquiño de axuda, se a precisades 😊! Podedes plasmar o conto a través da escritura de todo este empregando as maiúsculas ou minúsculas, ou pór só o título e un debuxo. Agora tócavos a vós traballar a imaxinación e a creatividade! Alá vamos! 😍 Atendendo xa ás TAREFIÑAS dos pequenos/as, h oxe come