COMO TRABALLAN OS PEQUENOS E PEQUENAS... ENCÁNTAME!!
Bos días familias!
Hoxe non son eu a que crea a entrada, senón que son os pequenos/as a que a realizan, sendo a miña labor unicamente subir as imaxes que vos presento a continuación.
Destacar que me encanta que me faledes tanto, que me mandedes fotografías dos vosos traballos, etc. Agora o único que espero é que me sigades contando cousas e que os demais compañeiros e compañeiras se animen.
Móstrovos algúns traballos dos pequenos/as:
Este arco da vella tan bonito fíxoo Antía para min e encantoume! Ademais, comentoume que bota moito de menos aos seus compañeiros (sobre todo a Laura e a Gabriel) e que agora está pintando El Jardín de Joan Miró. Espero con moitas ganas poder velo.
Pola súa banda, Álex estivo traballando moito a lectoescritura a través da creación dun animal a partir doutros dous e escribindo en maiúsculas e minúsculas palabras con respecto ao nome da súa prima Vera.
Cloe tamén traballou moitísimo facendo a mesma tarefa que Álex da palabra pero tamén moitas outras como marcar no calendario o día, ver cantos días faltan para a volta á escola, o día anterior, o posterior, escribir o título dos contos que le, falar deles, dicir quen son os personaxes, buscar un final diferente, facer animais en plastilina,... Ademais, está axudando moito na casa, coida a súa irmá Úrsula, fai ioga,... O único malo que vin e que xa lle dixen foi que fixo un biscoito e eu non o puiden probar. 😋
Ademais, fixo manualidades como estas bonitas bolboretas para festexar a primavera...
... e traballou cos tapóns como facemos na aula:
Martiño, pola súa parte, tamén traballou moito estes días: fixo como Álex e Cloe a tarefa de escribir un nome e pensar varias palabras que comecen por cada unha das letras deste, como podedes ver na fotografía:
E tamén escribiu todo o que sabe sobre o coronavirus cunha pequena axuda de mamá:
Finalmente, quédame ensinarvos todo o que traballou Martín que tamén foi moitísimo: escribiu a data en letras maiúsculas e minúsculas, leu palabras...
... practicou matemáticas a través dunha app que está moi ben chamada Smartick, a cal se adapta ás distintas idades...
... e tamén fala en inglés por videochamada!
* Sinalarvos aquí que a aplicación acabada de mencionar (SMARTICK) polo que puiden ir vendo, pois ensinouma a mamá de Martín, está moi ben para traballar distintos aspectos da lóxica-matemática. O único problema é que hai que pagar por ela, o que pasa é que ten unha proba gratis que podedes aproveitar mentres. Ademais, unha vez que vos pidan o pago, non o fagades pois xa tendes ideas de como facelo na casa.
Seguide traballando así de ben porque o estades facendo xenial!! Mandádeme máis cousiñas!
Seguro que nos vemos pronto!
Un bicazo enorme!
Comentarios
Publicar un comentario