PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA
Bos días familias,
Que tal? Vanse facendo xa longos estes días de confinamento? Espero que esteades cos mellores ánimos posibles e que os pequenos/as tamén, porque seguro que están máis inquedos do normal, presentan conductas negativas,... Todo isto é normal porque se tiveron que adaptar a unha situación que non é a que están acostumados, non poden saír da casa para nada, relacionarse cos demais da súa idade,... Por todo isto, é moi importante falar con eles/as estes días, que fagan un diario de como se atopan, facer unha lista de cousas que poden facer cada día,...
Hoxe propóñovos varias actividades que podedes realizar estes días. Estas son:
- Crear un landart do abecedario con material do fogar, como este exemplo:
- Mirar pola ventá da casa e buscar cousas que empecen pola letra do abecedario que lles digades. Logo téñenas que escribir en maiúsculas ou minúsculas dependendo do nivel. Por exemplo:
A: árbore
C: casa
E: estrada
...
- Buscar pola casa palabras escritas en maiúsculas e minúsculas e ler o que poñen ou, dependendo do nivel, identificar as letras:
- Realizar estimacións de conxunto de cousas, por exemplo, coller varias pinzas, ensinárllas 2 segundos e escondelas. Logo, teñen que dicir cantas pensan que había e escribir o número nun folio. A continuación, cóntanas e escriben o número real. Finalmente, restan ambos números para comprobar en cantas fallaron. Esta actividade pode realizarse en forma de xogo entre varios para ver quen é o que menos se equivoca, o importante é tapar rápido as pinzas ou o material a contar.
- Darlle unha tarxeta cun número ou con decenas e unidades e que collan os bloques correspondentes ou á inversa (que collan os bloques que queiran e logo escriban a tarxeta co número):
- Para niveis máis inferiores, facer torres atendendo a un número ou facer a torre e logo escribir dito número:
- Facer diferentes crebacabezas en familia.
- Elaborar unha lista de dez animais que teñan dúas patas e outra de animais que teñan catro patas. Dita lista será elaborada en letras maiúsculas (se é preciso resaltando o fonema de cada letra que compón o nome do animal) ou minúsculas (escribíndolle enriba como se realizan) atendendo ao nivel de cada pequeno/a.
- Repasar sombras de diversos obxectos para traballar a motricidade fina, como pode ser a silueta de animais identificando tamén a forma de cada un deles:
- Realizar distintos origamis de animais. Neste enlace, ábrese unha páxina sobre como facer varios:
A maiores, a mamá de Martiño envioume dous editores moi útiles:
O primeiro deles crea en maiúsculas ou minúsculas a frase que se escriba para que o neno/a a faga despois debaixo. É importante aquí que dita frase sexa significativa para eles/as como os nomes dos compañeiros/as, o título dun conto, o que os propios pequenos/as digan,...
Este último crea unha sopa de letras atendendo a distintos niveis, temática,... incluso podes engadir ti as palabras que queiras. Destacar que este exercicio non lles é nada fácil aos nenos/as ao ter que buscar por partes as palabras, polo que pode que precisen de máis axuda do habitual.
Espero que vos gustaran todas as actividades que vos propuxen. Agora só queda poñelas en práctica! Acordádevos de mandarme fotiños!!
Un superbicazo!
Comentarios
Publicar un comentario