OS PEQUENOS E PEQUENAS SEGUEN TRABALLANDO UN MONTÓN!

Bos días familias!


Estes días chegáronme moitísimas fotografías de todo o que están facendo os nenos/as e que é moitísimo e super ben!! 
Como estas últimas entradas, ensínovos algunhas das tarefas para que os nenos/as poidan ir sabendo algo dos seus compañeiros/as, aos cales botan seguro de menos, e para coller ideas para poder realizar vós tamén.

En primeiro lugar, Adrián Lago realizou moitas actividades, algunha das cales foi manipulativa de contar decenas (encántanme 😍) e outras de problemas matemáticos, algo que se lle dá xenial pois é un crack cos números:









Pola súa banda, Adrián Otero fixo moitísimas actividades de escritura con múltiple material, como podedes ver...





                            






... realizou actividades de inglés, de matemáticas coa axuda dun ábaco, manualidades,...




... e unhas magdalenas que estaban de RECHUPETE!  😍


Outro neno que tamén estivo cociñando (porque na clase hai moitos lambóns 😋) foi Leo, que lle axudou a mamá a facer un biscoito que me dixo que estaba RIQUÍSIMO!



Ademais, realizou actividades de lóxica-matemática con diferentes xogos e materiais...





... e inventou un animal superchulo!


Unha nena que tamén realizou moitas tarefas foi Alma, que fixo actividades de matemáticas, de recoñecemento de letras,,... Fíxoo XENIAL! 😊





 




Un neno que tamén estivo adicando tempo as actividades foi Antón que fixo varias manualidades sobre animais... Quedáronlle super BEN!! 😍


 Despois, escribiu varias palabras relacionadas cos animais:


Martín, ao igual que fixo Antón practicando a escritura, el tamén o fixo, pero neste caso escribiu a lista da compra en minúsculas cunha pequena axuda:


A que o fixo XENIAL? Encántame!!! (aínda que estás feito todo un lambón) 😋


Martiño tamén me continúa mandando actividades que vai facendo e encántame que o siga levando a cabo. Algunha que me mandou estes días foi de lectura e escritura con textos de nenos/as supermaiores, practicando as minúsculas, a realización dunha sopa de letras co nome dos seus amigos/as,...




... fixo contas como as de Carlota...


... e un debuxo contra o coronavirus!!



Encántame todo o que fixo! 😍



A súa antiga compañeira de mesa, Sara, tamén estivo facendo varias tarefas como practicar matemáticas co Smartick, escribir con maiúsculas e crear unha pancarta para dar ánimos contra o coronavirus. Gústame todo MOITÍSIMO! 😊




Navia, ao igual que os outros pequenos e pequenas da aula, está realizando moitas tarefas: fai ioga, le contos,... Ademais, practicou os números estimando a froita e logo contándoa, escribiu palabras co seu nome e o de Cloe e buscou información sobre o seu animal favorito que é o tigre. Está todo XENIALÍSIMO!!😍





Finalmente, Lucía tamén realizou tarefas de todo tipo, sobre todo, de manualidades porque lle gustan moito. Algunha das que fixo foi: o arco da vella contra o coronavirus, pulseiras, animais con papel hixiénico,... Están XENIAL todas! 😍





Ademais, escribiu sobre o seu animal favorito que é a bolboreta, xogou ao bingo de animais con mamá, escribiu con letras imantadas,...





... e fixo educación física saltando na súa cama elástica, traballou no calendario, axudoulle a mamá a facer magdalenas (seguro que estaban riquísimas 😋) e moitas outras actividades!
















Espero que vos gustara esta nova entrada e vos servira de inspiración.



Oxalá me sigades mandando tantas cousiñas bonitas!



Unha superaperta!








Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS