OS PEQUENOS E PEQUENAS CONTINÚAN TRABALLANDO MOITÍÍÍSIMO!


Bos días familias, 

Como ides pasando estes días? Comezan os ánimos a decaer? Espero que non e que vexamos entre todos/as a parte positiva de todo isto: coñecernos máis, estar en familia, ser solidarios/as quedando na casa, darlle valor a cousas tan sinxelas como ir pasear, xogar no parque,...

Hoxe a entrada que realizo volve a ser sobre as tarefas que me ides mandando e vou vendo que cada vez sodes máis os que me falades (estou supercontenta por iso) e de que facedes moitas cousas e todas PERFECTAS. 

Comezo pois cos pequenos/as e unha delas é Carlota que me enviou un vídeo superchulo bailando a canción de A bicicleta e onde tamén realiza varios pinchacarneiros (acordádesvos que significaba esa palabra?). Está feita toda unha bailarina!! Ademais, puiden ver que tamén fixo tarefas de matemáticas traballando as sumas, as restas, as decenas,...; de plástica facendo un arco da vella e aprendendo sobre Picasso, de escritura... como podedes ver nestes imaxes:


















Outra das nenas que tamén traballou moito foi Desiree, que estivo realizando unha pancarta para que nos quedemos na casa superbonita e que colgou na casa de seu avó:


Ademais realizou tarefas de escritura de letras e palabras que fixo XENIAL, como se pode ver nas imaxes:










Ademais, comentoume que fixo unhas galletas super ricas. O único problema e que non as puiden probar (espero que pronto faga outras e si as poida saborear):


Pola súa banda Gabriel tamén me enviou fotografías de todo o que está traballando: os números, as letras,... Estao facendo xenial!!😍






Álex tamén continúa traballando moito. Onte envioume varias tarefas que está facendo perfectas como son a lista de animais carnívoros (practicando as minúsculas), a busca de información sobre un animal e a fotografía dun pitiño de plastilina que fixo e me encantou:




Martiño é outro dos nenos que está practicando as minúsculas e cada vez dánselle moitísimo mellor como se pode ver na imaxe desta tarefa súa (SEGUE ASÍ!):


Por outra parte Antía pintou o cadro de Joan Miró que traballaramos na aula e que se titula El Jardín, quedoulle xenial:


Ademais, ao igual que Álex e Martiño está traballando as letras minúsculas así de ben:



Noa, ao igual que os seus compañeiros/as, tamén está realizando moitas tarefas, neste caso, de matemáticas empregando un cadrante do 100 coma o noso pero de maior tamaño para axudarse a facer o bicharraco:




Tamén, fixo varias manualidades como se pode observar nas seguintes fotografías, unha delas é o regalo do pai, encántanme as dúas 😍:





Finalmente, destacar a Cloe que me enviou varias actividades que na anterior entrada non puidera subir, como son as seguintes: escribir o día do calendario, o anterior, o posterior, cantos días faltan para volver ao colexio; escribir o título do conto que le na casa; escribir coas letras do seu nome outras palabras, facer distintas listas de animais: ovíparos, vivíparos, herbívoros, da sabana,... Ademais, mandoume varios debuxos superbonitos, pois debuxar e pintar é unha das súas actividades preferidas:



















Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS