Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

NOVO RETO, IDEAS E TAREFIÑAS!

Imaxe
Bos días familias, Que tal? Fixéstedes o reto que vos propuxen? Seguro que si e que vos quedaron paisaxes urbanas e naturais chulísimas 😍. Probástedes tamén a facer a receita que vos ensinei? Hoxe o RETO que vos propoño é facer unha manualidade superchula cos seguintes pasos: Primeiro, hai que coller os materiais para a súa elaboración e que son: - Unha botella de plástico. - Un cacho de fío. - Tesoiras. - Celofán. - Un obxecto que pese, vale un tapón, un xoguete pequeno,... calquera cousa. - Materiais para decorar. A continuación, collemos a botella e recortámola deixando un pouco de corpo e poñemos celofán no sitio cortado porque senón podedes facervos dano ao quedar un canto moi afiado. Logo, recortamos o fío uns 30 centímetros. Canto máis longo sexa, máis difícil vai ser encestar o material na botella. Despois, facemos un burato na tapa da botella... ... e pasamos o fío facéndolle logo un nó para que se aguante: Finalmen