MOMENTO DE LECTURA...
"ÁBRETE LIBRO,
FALA COMIGO,
CÓNTAME COUSAS,
QUE EU NUNCA VIN"
Bos días,
Hoxe a proposta que vos fago é sobre diferentes contos que lles podedes ler aos nenos e nenas se os tendes en formato libro ou visualizar a través de YouTube.
Algúns deles son:
COCORICO. A través del, podemos traballar tamén a alimentación destacando a importancia de que sexa variada, equilibrada e saudable. Ademais, danos pé a elaboración dun biscoito en familia fixándonos nos ingredientes, cantidades, pasos a realizar,...
MARILUZ AVESTRUZ. Con este conto, desenvolvemos a temática dos animais fixándonos nas súas características.
A CASA DA MOSCA CHOSCA. Neste conto, os protagonistas tamén son os animais, podendo falar deles, pero tamén se incorporan os números ordinais, pois trátase dun conto acumulativo.
PACO PAPÁN. Coa lectura da súa historia, podemos traballar os días da semana, os oficios,...
ELMER. Trátase dun conto onde se mostra a importancia da diversidade e de que é positivo ser todos diferentes.
POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA. A través do seu argumento, desenvolvemos valores como a diversidade.
CORRE, CORRE, CABACIÑA. Este conto preséntovolo porque lles encanta aos pequenos/as.
DANIELA PIRATA. Coa historia de Daniela, traballamos a igualdade entre homes e mulleres, tan importante logo de conmemorar o 8 de marzo.
¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA? Co argumento deste conto, seguimos traballando a igualdade, eliminando actos discriminatorios como a cor na vestimenta segundo o xénero, actividades estereotipadas,...
A VACA QUE PUXO UN OVO. Con este conto, podemos traballar os animais, pero tamén o seu tipo de reprodución: ovíparos e vivíparos.
Outros contos que son moi interesantes de ler son:
- ONCE DAMAS ATREVIDAS
- ¡QUE LLEGA EL LOBO!
- A MONTAÑA DE LIBROS MÁIS ALTA DO MUNDO
- LA COSA QUE MÁS DUELE EN EL MUNDO
- A NOITE DAS MUDANZAS
- ROSA CARAMELO
Espero que vos gusten as propostas e gozade moito co momento de ler!
Un saúdo!
Comentarios
Publicar un comentario