ALGUNHAS TAREFAS A REALIZAR DURANTE A CORENTENA

Bos días,

Nesta publicación, aparecen algunhas ACTIVIDADES que podemos realizar durante a corentena. Ademais destas, a mestra de inglés recórdavos que vexades as cancións que se traballan na aula para practicar este idioma.
Algunhas de ditas tarefas son:
  • Falar con mamá, con papá ou con algún familiar todos os días durante, polo menos, dez minutos.
  • Ler dous contos todos os días, lendo por eles mesmos o título ou identificando as letras, recoñecer quen é o protagonista, contar cantas personaxes hai, preguntar sobre que pasou, buscar outro final diferente, etc.
  • Xogar a xogos de mesa como o parchís, a oca, o UNO,... en familia.
  • Xogar ás casiñas.
  • Xogar ao supermercado sumando e restando cantidades.
  • Contar cantos iogures e froitas temos na neveira, cantos habería se compramos cinco, se comemos catro,...
  • Axudarlle a papá ou a mamá a facer a lsita da compra escribindo nós os alimentos ou obxectos a comprar.
  • Situarnos todos os días no calendario, observando que día é hoxe, cal é o anterior, o posterior, cantos días faltan para volver á escola,...
  • Buscar pola casa atendendo á cantidade que nos digan, por exemplo: buscar 7, 11 ou 24 cousas, ou de maneira un pouco máis complexa atendendo ás decenas como: "búscame 2 decenas e 3 unidades".
  • Facer series atendendo ao tamaño (de máis pequeno a máis grande), de grosor (de máis ancho a máis estreito),...
  • Escribir o nome dalgún familiar e coas letras do seu nome buscar outras palabras que empecen por cada unha delas.
  • Encontrar cinco obxectos na casa que empecen con cada unha das letras do abecedario.
  • Inventar un conto sobre a temática actual como é o coronavirus.

Ademais e como estamos traballando os animais na aula e a Joan Miró, os pequenos/as poden realizar actividades como:

  • Facer unha lsita con dez animais ovíparos, vivíparos, herbívoros, carnívoros e omnívoros. Algúns dos nenos/as pódeno facer por eles mesmos en letras maiúsculas e con algunha axuda en minúscula tamén, mentres que outros poderémoslle axudar dicíndolle como soa cada unha das letras para que a recoñezan (se é preciso, escribirémoslle o nome enriba en maiúsculas para que o copien pero fixándose na palabra e nas letras que a conforman).
  • Buscar información sobre algún dos seus animais favoritos, escribir o seu nome, algunha das súas características como é a alimentación, o hábitat e se é ovíparo ou vivíparo e facer un debuxo del.
  • Buscar e escribir cinco animais do deserto, da sabana e da selva.
  • Facer pola casa os movementos e onomatopeas características de distintos animais. Por exemplo, movernos a catro patas e ruxir como un león. 
  • Inventar un animal con diferentes partes doutros e debuxalo, inventándolle tamén un nome.
  • Facer o seu animal favorito en plastilina.
  • Investigar sobre artistas que pinten cadros onde se representen animais, como El Gallo de Joan Miró.
  • Debuxar e pintar un cadro de Joan Miró.

Mencionarvos tamén a importancia de establecer unha rutina diaria. Un exemplo de organización de RUTINAS é:

9.00 Levantámonos

10.00 Traballo da escola

11.30 Merendamos (froita)

12.00 Limpeza

13.00 Comida

14.00 Descanso

15.00 Manualidade

16.00 Actividade física

17.00 Merenda

18.00 Xogo libre

19.00 Recoller/cociñar

20.00 Baño

21.00 Cea e a durmir

Finalmente e, como actividades relaxantes moi importantes nestes días, están as de IOGA, as cales facemos todos os días na aula. Para poder velas, buscade en YouTube YOGIC e xa aparecen varios vídeos. Algúns deles son:




Espero que vos gusten estas ideas!

Unha aperta mooiii forte!

Botareivos de menos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS