Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

NOVO RETO E TAREFIÑAS

Imaxe
Bos días familias,  Que tal? Foron os pequenos/as onte á praia? E pasear? Espero que esteades todos xenial! 😊 Hoxe, o RETO que vos propoño, ao igual que o de onte, é de atención e memoria. Este consiste en colocar varias figuras nun folio fixándote na súa forma e na súa cor. A continuación, telo que verbalizar e memorizar para logo intentar debuxalas nun papel. Para realizar esta actividade comeza con figuras da mesma cor e forma, para pouco a pouco ir introducindo combinacións de atributos. Preséntovos varios exemplos de como ir avanzando na presentación das figuras: Atendendo xa ás TAREFIÑAS dos pequenos/as, hoxe comezo por Lucía , quen me mandou un montón de actividades que fixo estes días, como o reto da brocheta de formas, que lle quedou xenial 😊: Ademais disto, seguiu afondando nas plantas realizando distintas actividades: Outra actividade que tamén realizou foi o das simetrías: Finalmente, fixo varias actividades escritas para trab

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

Imaxe
Bos días familias, Que tal? Como vas os pequenos/as? Polo que me comentades e vou vendo, cada vez hai menos ganiñas de facer tarefas da escola e menos con esta calor. É normal! Unicamente, vos pediría que mantiverades, se podedes, claro, unha pequeniña rutina diaria, aínda que sexa só de vinte minutiños. Entendo que é complicado porque esta situación é nova para vós e para os pequenos/as, que non están acostumados a realizar tantas actividades na casa e que con este tempo só pensan en xogar. Se podedes, realizade algún reto, lede un conto pola noite, contade pedriñas pola praia,... todo de forma moi manipulativa e a través do xogo! Atendendo ao RETO de hoxe, este é súper sinxelo e ademais súper útil porque pode quedar como xogo de mesa. Consiste nun memory e realízase de maneira moi fácil e empregando moi poucos materiais: só se precisa cartón, tesoiras e rotuladores. A súa elaboración é... 1º Fanse dous cadrados de cartón do mesmo tamaño. 2º Un dos cadrados recortado

RETO DIARIO E TAREFAS DOS PEQUENOS/AS

Imaxe
Bos días familias,  Que tal? Como pasástedes onte o día? Como van os pequenos/as? A próxima vez que os vexa xa apenas os recoñecerei, seguro que cambiaron un montón 😀. Hoxe, o RETO que vos propoño é unha actividade que fixeramos tamén na aula e que lles gustara moito aos nenos/as. Consiste en facer un prato de formas atendendo á seguinte receita: Agora tócavos a vós levala a cabo! 😊 Con respecto ás TAREFAS dos cativos, hoxe comezo cos de catro aniños, entre os cales, está Gabriel , quen estivo plantando as lentellas así de ben: Ademais disto, estivo facendo varias fichiñas practicando a grafomotricidade... ... a escritura de números... ... e coloreando: Está xenial todo, verdade? 😊 Finalmente, comentoume que axuda moito na casa facendo as tarefas do fogar e que vai pasear á praia. Seguro que o pasa de marabilla! 😍 Outra pequena de catro anos é Carlota , que me comentou que, ao igual que Gabriel, vai todos os días á