Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA

Imaxe
Bos días familias,  Que tal? Vanse facendo xa longos estes días de confinamento? Espero que esteades cos mellores ánimos posibles e que os pequenos/as tamén, porque seguro que están máis inquedos do normal, presentan conductas negativas,... Todo isto é normal porque se tiveron que adaptar a unha situación que non é a que están acostumados, non poden saír da casa para nada, relacionarse cos demais da súa idade,... Por todo isto, é moi importante falar con eles/as estes días, que fagan un diario de como se atopan, facer unha lista de cousas que poden facer cada día,... Hoxe propóñovos varias actividades que podedes realizar estes días. Estas son: Crear un landart do abecedario con material do fogar, como este exemplo: Mirar pola ventá da casa e buscar cousas que empecen pola letra do abecedario que lles digades. Logo téñenas que escribir en maiúsculas ou minúsculas dependendo do nivel. Por exemplo: A: árbore C: casa E: estrada ... Buscar pola casa pala

OS PEQUENOS E PEQUENAS SEGUEN TRABALLANDO UN MONTÓN!

Imaxe
Bos días familias! Estes días chegáronme moitísimas fotografías de todo o que están facendo os nenos/as e que é moitísimo e super ben!!  Como estas últimas entradas, ensínovos algunhas das tarefas para que os nenos/as poidan ir sabendo algo dos seus compañeiros/as, aos cales botan seguro de menos, e para coller ideas para poder realizar vós tamén. En primeiro lugar, Adrián Lago realizou moitas actividades, algunha das cales foi manipulativa de contar decenas (encántanme 😍) e outras de problemas matemáticos, algo que se lle dá xenial pois é un crack cos números: Pola súa banda, Adrián Otero fixo moitísimas actividades de escritura con múltiple material, como podedes ver...                              ... realizou actividades de inglés, de matemáticas coa axuda dun ábaco, manualidades,... ... e unhas magdalenas que estaban de RECHUPETE!  😍 Outro neno que tamén estivo cociñando (porque na clase hai moitos