COMO VAN ESAS TAREFAS? ALGÚNS EXEMPLOS...
Bos días familias!
Como van eses ánimos? Sei que non son momentos fáciles, pero hai que pensar que pronto acabará e o importante é que o superemos TODOS e XUNTOS.
Hoxe súbovos algunhas fotografías das actividades que vos mandei por se alguén necesita exemplos de como facelas.
Unha das tarefas que vos enviara era contar a froita que tiñamos. Entón:
- Canta froita pensades que hai no froiteiro? (sen contala, só estimándoa) e escribimos a cantidade nun papel.
- A continuación, contámola e escribimos o número. Logo, comparamos a cantidade estimada e a cantidade real contando os saltos que hai que dar en números. Por exemplo:
Cantidade estimada Cantidade real
15 12
Comparación: 12-13-14-15, contamos os saltos e son 3, pois equivocámonos en tres froitas que contamos de máis.
- Despois, facemos preguntas do estilo: se comemos tres laranxas, cantas froitas quedan?, se mamá foi comprar cinco plátanos, canta froita temos agora? Todo isto ímolo comprobando quitando ou engadindo (como non temos máis froita pois pomos pinzas, macarróns,... o que sexa).
Esta actividade podémola facer con calquera outro material, como pinzas, macarróns, xoguetes,...
Outra tarefa era buscar pola casa atendendo a un número ou a decenas e unidades. Entón:
Buscamos pola casa 2 decenas e 6 unidades:
Buscamos 20 cousas iguais:
2 decenas e 6 unidades, que número forman? Escribímolo e buscamos o seu anterior e o seu posterior, se engadimos 1 decena que número é?, se lle quitamos 1 decena que número é? Escribimos varias formas de chegar ao número (facendo o bicharraco como din os nenos/as): 20 + 6, 27 - 1, 25 + 1, 26 - 1 + 1,...
Para axudarnos a isto, podemos crear un cadro ata o 100, como este, que é o que empregamos na aula:
0
|
1
|
2
|
3
|
4
|
5
|
6
|
7
|
8
|
9
|
10
|
11
|
12
|
13
|
14
|
15
|
16
|
17
|
18
|
19
|
20
|
21
|
22
|
23
|
24
|
25
|
26
|
27
|
28
|
29
|
30
|
31
|
32
|
33
|
34
|
35
|
36
|
37
|
38
|
39
|
40
|
41
|
42
|
43
|
44
|
45
|
46
|
47
|
48
|
49
|
50
|
51
|
52
|
53
|
54
|
55
|
56
|
57
|
58
|
59
|
60
|
61
|
62
|
63
|
64
|
65
|
66
|
67
|
68
|
69
|
70
|
71
|
72
|
73
|
74
|
75
|
76
|
77
|
78
|
79
|
80
|
81
|
82
|
83
|
84
|
85
|
86
|
87
|
88
|
89
|
90
|
91
|
92
|
93
|
94
|
95
|
96
|
97
|
98
|
99
|
100
|
No caso do número 20, pensamos cantas decenas forman, se sobran unidades, se engadimos unha pinza máis canto sumamos, se quitamos unha pinza, que número é? (todo a través dos saltos no cadrante).
Recordarvos que tamén é importante adaptarvos aos vosos pequenos/as xa que hai nenos/as que xa entenden as decenas e unidades, mentres que con outros hai que ir traballando a serie numérica ata o 10, o anterior e o posterior,... pouquiño a pouco e sempre sen forzar a querer dar pasos sen estar o pequeno/a preparado.
Esta actividade podémola facer con moitos máis números sen ter que buscar logo na casa. Por exemplo, traballar co número 77 o anterior, o posterior, as decenas, xogar ao bicharraco,... Para outros nenos, podemos traballar actividades de engadir ou sacar na serie numérica do 10 (se ao número 6 lle engadimos 3, quitamos 3,...). Todo elo pasándoo logo a papel.
Outra tarefa era escribir o nome dalgún familiar e coas letras do seu nome buscar outras palabras. Un exemplo para que o poidades visualizar é:
Neste caso, escribín nomes de animais, pero tamén o podedes facer con outros nomes de persoas, cousas da casa,... Púxeno en maiúsculas e minúsculas atendendo aos distintos niveis dos pequenos/as. Algúns xa o poden facer en minúsculas, outros en maiúsculas e outros a través dos sons das letras que conforman as palabras, recoñecéndoas e escribíndoas.
Outra actividade sobre animais que vos mandei é escribir sobre o voso animal favorito, o meu é:
A través desta imaxe, algúns pequenos/as poderán ler en minúsculas, outros en maiúsculas e algúns outros recoñecendo as letras maiúsculas.
Ademais, terán un exemplo para que o fagan eles en minúsculas (se é preciso con axuda), en maiúsculas eles sós ou en maiúsculas axudados.
Finalmente, outro exemplo de tarefa era a de modelar en plastilina un animal, eu neste caso para ensinarvos fixen unha xirafa e busquei ademais un pouco de información sobre ela, para que os nenos/as a poidan ler:
Sinalarvos que estas tarefas de escritura poden levarlles aos pequenos/as varios días, así que pouquiño a pouco e con moita paciencia, fixándonos nas palabras, nas letras que a conforman, separando as palabras cun dedo como facemos na aula, etc.
Finalmente, destacarvos que o interesante non é facer todas as tarefas seguidas e nun mesmo día, senón que cada día un pouquiño e compaxinando números con letras. O máis importante como digo sempre é que os nenos/as aprendan xogando, motivados e que non consideren que fan algo sen sentido senón que sexa algo significativo.
Espero que vos sirva esta nova entrada e espero con moita ansia que mandedes fotografías do que vos fixestedes, como foi o proceso, se vos gustou, como levades a corentena,... ao meu correo electrónico creado para a ocasión: acativadadecarnota@gmail.com para logo compartilo con toda a clase nunha nova entrada.
Un bico enorme para todos os pequerrechos e pequerrechas!
Bótovos moitísimo de menos!
Comentarios
Publicar un comentario