RETO DIARIO E TAREFIÑAS

Bos días familias,
Que tal? Como pasástedes o fin de semana? Aproveitástedes o tempo para xogar moito? E ir pasear? Vístedes as curtas? Espero que si a todas as preguntas e que esteades todos e todas xenial! 
Comentarvos que hoxe fun ao colexio por primeira vez e doume moitísima pena non sentir as vosas risas, as vosas charlas antes de entrar na aula, vervos ir a todo correr para conseguir un bo sitio,... Oxalá isto remate pronto para poder volver, aínda que sexa a través da "nova normalidade".
Atendendo ao RETO diario, o que vos propoño hoxe está relacionado coa lóxica-matemática, concretamente, consiste en realizar seriacións empregando materiais do voso redor. Queredes ver o meu?


Agora tócavos a vós! 

No referido ás TAREFAS, hoxe comezo por Lucía, a cal realizou unha lista escribindo ela distintas medidas para coidar a auga, así de ben 😊: 


A maiores disto, realizou o reto da colonia...


... chegando a elaborar ao final tres, pois súas primas tamén quixeron probar a facelo 😀: 


Seguro que recende de marabilla con esa mestura de flores! 😍

Outro pequeno que me mandou tamén cousiñas é Martiño, quen este fin de semana estivo vendo as curtas que vos presentara polo Día Mundial do Medio Ambiente. Concretamente, o sábado viu a curta das tartarugas que lle impresiona moito, pois xa o vira máis veces, queréndoo ver de primeiro...


... e o domingo visualizou a curta Coida a auga:


Encántame saber que viu ambas, pois son súper descriptivas da situación actual do planeta 😍.
Así mesmo, hoxe continuou coa súa rutina diaria de facer unha fichiña de comprensión lectora que consistiu en ler un texto e contestar despois as preguntas...


... e outra de matemáticas de pegar os números anteriores e posteriores aos dados:


Traballa un montón, verdade? Segue así 😊.

Adrián Lago é outro dos nenos que tamén realiza actividades de matemáticas (encántanlle 😍). Concretamente, estivo practicando as sumas (aínda que as que fixo son un pouquiño complicadas para a súa idade) en diferentes superficies como a area da praia ou no encerado:



Ademais, díxome a súa mamá que le todos os días. Xenial 😊

Para rematar cos maiores de cinco anos, sinalar a Noa que este fin de semana estivo coa súa prima pequena facéndoa rir, algo que lle encanta. 😀
Ademais, comentoume que a semana pasada foi buscar libros a biblioteca porque os da casa xa os leu mil veces. Hoxe vai a volver.
Finalmente, díxome que as lentellas séguenlle medrando moito e que os pementos que plantou xa teñen flor e miden sobre 10 cms. Para rematar, mandoume unha fotiño dun dos retos que puxo en práctica: o dos elementos de flotación:


Seguro que coa súa posta en práctica aprendeu un montón! Encántame! 😍

Atendendo xa aos pequenos de 4 anos, en primeiro lugar sinalar a Cloe, a cal fixo varios dos retos que vos propuxen como é...
... o memory...


... o reto de flotación...



... e o reto da elaboración do perfume:


Fixo xenial os tres, verdade? 😊
A maiores, mandoume un obxecto que reutiliza como é unha caixa onde garda as cores:


Ademais, comentoume que emprega caixas de zapatos para gardar tapóns e materiais de manualidades, e botes de cristal e plástico para gardar tornillos. 
Finalmente, practicou matemáticas a través dunha fichiña...


... e proximamente vai transplantar as lentellas pois xa están moi grandes. Non para, traballa un montón! 😍

Para rematar por hoxe, sinalar as distintas tarefas que fixo Leo ao longo desta semana e que son un montón. Entre elas, están os retos, como os seguintes:
- O reto da botella, onde el fixo en vez dun barco pirata, un avión:


Quedoulle súper chulo 😊. Acompañando a este xoguete con materiais reutilizados, ensinoume como reutiliza unha caixa de bombóns:


- O reto das follas, aprendendo un montón sobre as plantas:




- O reto de flotación:



- O reto do perfume:


Fixo case todos e de marabilla! 😍
Ademais dos retos, realizou varias fichiñas de matemáticas,...






... así como de lectoescritura...


... e inglés, aprendendo vocabulario relacionado coas partes da casa:


Traballou un montón e facendo actividades de todo tipo. Moi ben! 😍

Para concluír por hoxe, convidarvos a que sigades así de ben seguindo unha rutina. Xa queda pouquiño! 😊

19 BICAZOS! 

26 fotos que demuestran un amor bello en el mundo animal
























Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

DÍA MUNDIAL DO LIBRO