RETO DE PALABRAS E ACTIVIDADES DOS PEQUENOS/AS

Bos días familia,

Que tal estades? Onte fóstedes de paseo? Seguro que si e que o pasástedes xenial! Xa plantástedes todos e todas a lentella?

Atendendo ao RETO de hoxe, este é moi sinxelo e consiste en buscar novas palabras tendo en conta as letras que conforman outra. Por exemplo, a partir da palabra...

COLCHONETA

pódense crear outras como...

NOTA
COLO
CELO
TALCO
OLA

As palabras que vos presento eu agora para buscar vós outras son:

PLÁTANO
BOLBORETA
RAMO
TARTARUGA

A ver cantas facedes vós!

Con respecto xa ás TAREFAS dos pequenos/as, hoxe comezo por Lucía, unha das maiores, e a cal está realizando un montón de actividades. Entre elas están:

- Dous retos: o de buscar palabras segundo a cantidade de letras que as forman e o de elixir a súa palabra favorita en galego (e a da súa mamá 😀):


- A realización de fichas para traballar aspectos matemáticos como a resolución de problemas e a identificación de decenas e unidades: 




- A plantación da lentella:





- O inicio dun crebacabezas de dous cadros de Van Gogh (Os Xirasois e Terraza de café pola noite):


Está traballando un montón, verdade? Segue así de ben! 😍

Outro neno que tamén me manda tarefas todos os días é Martiño, que fixo o reto da simetría:
Súa irmá presentoulle un lado...


... e despois el fixo o outro:


Fíxoo xenial! 😍

A maiores, está lendo en minúsculas axudándose duns libriños que subiu unha mestra a esta páxina: https://issuu.com/profeasun74. Grazas a mamá de Martiño outra vez por compartir tantas cousiñas comigo 😊.

Finalmente, realizou sumas e restas axudándose do cadrante do 100:


Xa traballou moitísimo hoxe! 😀

Outra das nenas maiores é Antía, que tamén está a realizar distintas actividades, como de recoñecemento de tipos de palabras (un pouquiño complicado) e de comprensión lectora:



Xunto ás letras, non se esquece dos números realizando distintas sumas:


A maiores de todo isto, está afondando un pouquiño máis en Vincent Van Gogh buscando distintos aspectos da súa vida como onde naceu, cando, así como algunhas curiosidades sobre este (seguro que xa sabe un montón deste gran artista 😊)...


... e pintou un dos seus cadros máis famosos como é A habitación en Arlés que lle quedou de marabilla:


Está facendo moitísimas actividades e dálle tempo incluso a pasear e xogar! Que ben! 😊

Unha das mellores amigas de Antía é Carlota, quen realiza moitos retos dos que vos propoño como foron as fotos creativas que as fixo así de ben:






Outro reto que fixo foi o da súa palabra favorita en galego (que bonita! 😍):


Ademais de todo isto, buscou pola casa palabras atendendo a súa letra inicial, investigou sobre cantos cadros pintou Van Gogh de xirasois (foron sete!) e debuxou un deles e traballou coas letras:




Fixo un montón de cousas, verdade? Encántame! 😍

Finalmente, tamén me mandou varias tarefiñas Roi, entre as cales, está o reto do vaso-lanterna. Quedoulle xenial:



Ademais disto, pintou un dos cadros de Van Gogh (está de marabilla 😀) ...


... representou a portada dun conto que leu (como facíamos en valores)...


... e xogou con diñeiro ficticio (aprendendo seguro un montón de matemáticas):


Están xeniais todas as actividades! 😍

Para rematar, sinalarvos que me encantan todas as actividades que facedes e o ben que as realizades! 

MOITÍSIMAS APERTAS!

Abrazos Virtuales (con imágenes) | Garfield imagenes, Citas de ...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS