NOVO RETO E TAREFIÑAS

Boas tardes familias,

Que tal onte? E hoxe pola mañá? Xogástedes moito? Eu sigo no cole polas mañás botándovos un montón de menos...

O RETO que vos propoño para o día de hoxe ten como obxectivo traballar a descrición. Para elo, a actividade consiste en buscar pola casa a vosa fotografía preferida e logo, tendes que dicir o que se ve e porque é a vosa favorita, dando resposta a preguntas tales como:
- Quen está na foto?
- Onde é a foto?
- Que paisaxe tes ao redor?
- Por que é a vosa foto preferida?

Queredes que vos ensine a miña? Aquí vola presento:


Nesta foto, saímos a miña familia celebrando o primeiro cumpreanos do meu bebé. Como se ve na imaxe, estamos nun xardín, concretamente, da miña mamá onde hai herba e moitas plantas. Tamén se observa unha mesa cun mantel, unha cadeira e adornos de aniversario, como globos. 
Esta é a miña foto preferida porque o pasei moi ben ese día e o meu bebé tamén, xogando na piscina e coa mangueira. Foi xenial!

Agora que vístedes a miña foto e a descrición, tócavos a vós! 😍

Atendendo ás TAREFIÑAS dos pequenos/as, hoxe só me mandou cousiñas Noa, a cal sempre fai todos os retos que vos envío. Neste caso, realizou o da serie con distintos materiais escolares:


Está súper ben, verdade? 😊 Ademais, fixo o perfume con citronela que lle recende moi ben...


...e o reto do vaso debuxando, en vez das frechas, unha balea:



Fixo de marabilla ambos retos 😍. A maiores da posta en práctica destes, comentoume que viu as curtas e a que máis lle gustou foi a do gatiño. Ademais, mandoume unha lista con accións que podemos levar a cabo para salvar o medio ambiente:

- Reciclar.
- Non malgastar a auga.
- Non tirar lixo ao chan.

Finalmente, díxome que ten moitas ganas de volver a cole, eu tamén con vós 😊!

Para rematar, sinalarvos que espero que me mandedes cousiñas tan chulas como ata agora. 

10 + 9 BICAZOS!

Imágenes con abrazos y besos para compartir en Whatsapp | Imágenes ...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

DÍA MUNDIAL DO LIBRO