NOVO RETO DO MEDIO AMBIENTE E TAREFIÑAS

Bos días familias,

Que tal? Que fixéstedes onte? Seguro que pasear un montón e pasalo xenial! 😀

Como vos comentei na entrada de onte, esta semana vai ser toda adicada ao coidado do medio ambiente, coa finalidade de comemorar o seu día mundial o 5 de xuño.
Onte, o reto consistía en aprender un pouquiño máis sobre a natureza que nos rodea e facer estampacións con follas. Hoxe, pola súa banda, atende a un dos aspectos que axudan a coidala como é a reutilización, buscándolle unha nova funcionalidade a materiais de desfeito.
Por exemplo, crear xoguetes. Eu, en concreto, elaborei unha botella pirata, a cal é o voso RETO hoxe. Para elo, só se precisan de maneira esencial tres materiais:


Comecei collendo a botella e recortándoa un pouco máis da metade (coidado co borde):


Logo, debuxei a bandeira pirata, recorteina e fixen outra igual para o outro lado:





A continuación, debuxei o símbolo pirata, pinteino...



... e peguei ambas caras colocando o pau no medio:


Despois, collín un pouco de area e pedriñas e coloqueinas na base para que se me aguantara a vela na botella:


Finalmente, engadínlle un capitán pirata (eu empreguei plastilina) e a soltar áncoras:


Quédavos un xoguete xenial! 😍

Outra maneira de reutilizar tamén é, por exemplo, empregando botes que se acabaron para gardar cousas. Eu uso como almacenaxe de cores un bote de mascarilla do pelo:


Son formas diferentes pero moi útiles para o coidado da natureza porque implica non tirar residuos nin comprar outros que non precisamos!

Ademais do reto diario, hoxe saíron os gañadores do concurso Mareando historias e que se poden ver neste enlace...


Como podedes ver, Noa quedou terceira. Felicidades! 😊

Atendendo ás TAREFAS, hoxe preséntovos en primeiro lugar as fotos que me mandou Martiño do que estivo realizando. Entre as distintas cousas, fixo o reto que vos propuxen onte pero estampando as follas con pintura:




Quedoulle xenial coa súa cor favorita! 😍

Outra cousiña da natureza que realizou foi transplantar as lentellas:



Está feito todo un agricultor!
Finalmente, hoxe realizou a súa rutina diaria de unha fichiña de matemáticas, neste caso, de sumar unidades e decenas empregando unha clave e axudándose co cadrante do 100...


... e outra de lectura de textos comprensivos para completar debuxos:


Traballou un montón, verdade? Ademais, díxome que mañá vai levar os potatos á perruquería! Teño moitas ganas de ver que peinado lles fai! 😍

Para rematar coas tarefas, ensinarvos o que atopou Roi camiñando...


Non o vedes? É un tiburón no Monte Pindo!


Encántame! 😍 Canta imaxinación!

Para pechar esta entrada, convídovos a que sigades facendo algunha tarefiña escolar ou os retos para seguir aprendendo pouquiño a pouco.


MIL BICOS! 

Un Beso GIFs | Tenor


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS