DESPEDIDA

En primeiro lugar, nesta entrada convídovos a ver a páxina web do cole onde está colgada a revista anual, a guía de lectura do verán (onde aparecen varios libros recomendables) e o resultado do concurso de Borrajanchos. Neste concurso, os tres gañadores foron nenos/as da nosa aula, concretamente:

1º premio: Laura con "Castaña de cores"
2º premio: Álex con "A paisaxe máis colorida"
3º premio: Lucía con "Monstruo de colores"

Noraboa aos tres! Encántaronme os borrajanchos 😍! 

Recordarvos que a páxina do cole é:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarnota/

Ademais, a mestra Paula mándavos un vídeo súper bonito onde se despide:


Por outra banda e, como podedes supoñer polo título, esta é a última entrada do actual curso. Por un lado, dáme pena por pensar que xa se acaba o contacto con vós por un tempo (espero vervos de paseo, no parque ou na praia); pero, por outro lado, estou moi esperanzada de que para o ano poidamos, por fin, ter contacto directo o mellor posible e xogar, rirnos, aprender,... sen ser preciso o blog senón cunha aula chea de emocións positivas!

Remato con esta canción tan bonita do grupo Sonoro Maxín:


DISFRUTADE MOITO DO VERÁN E SEDE FELICES!

VÉMONOS Á VOLTA!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

DÍA MUNDIAL DO LIBRO