RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS
Boas tardes familias,
Que tal? Que fixéstedes hoxe pola mañá? Eu tiven a sorte de ver a varios dos pequenos/as. Fíxome un montón de ilusión e espero que a vós tamén 😍!
Con respecto ao RETO diario, este consiste en traballar a expresión corporal mediante un divertido xogo que podedes facer en familia, aproveitando ademais que hoxe non fai moi bo día de paseo!
Dita actividade consiste en xogar aos mimos, representando distintas situacións e que alguén o teña que adiviñar.
Seguro que vos divertides moitísimo levándoo a cabo! 😊
Atendendo xa ás TAREFIÑAS, hoxe só me enviou Noa, concretamente, mandoume o seu reto da descrición da fotografía. Queredes ver o ben que o fixo? Aquí o tendes:
Realizouno xenial, verdade?
Para rematar a entrada, dicirvos que espero que me sigades mandando cousiñas tan bonitas esta última semana que queda.
MOITÍSIMAS APERTAS!
Comentarios
Publicar un comentario