RETO DIARIO E TAREFIÑAS

Bos días familias,

Que tal? Hoxe parece que non vai facer día de praia, pero seguro que podedes facer un montón de cousas distintas: ir pasear, xogar a un xogo de mesa, bailar, cantar, pintar,...

O RETO de hoxe segue a estar relacionado co medio ambiente e, neste caso, consiste en saber un pouquiño máis sobre un elemento da natureza que temos moi cerca, tanto como está na nosa propia casa: a auga! 
En primeiro lugar, vamos a realizar un experimento para ver que obxectos flotan ou non nela. Para iso, podemos facelo en dous pasos. Primeiro, pensar se os elementos que collemos van a flotar ou non e despois, metelos nela e comprobar a idea inicial. Podedes facelo cunha táboa coma esta:


Con respecto a outro aspecto da auga, sinalar unha das súas propiedades: a refracción, a cal se visualiza súper ben no seguinte experimento:


Gustouvos saber un pouquiño máis sobre a auga? Pois agora para rematar o reto queda por escribir tres accións que axuden a coidar esta!
Ánimo que é facilísimo!

Atendendo xa ás TAREFIÑAS, hoxe comezo por Carlota, unha das nenas de catro anos que máis me manda cousiñas. Concretamente, estes días estivo facendo varias actividades como o reto do memory...




... e o das brochetas de formas:


Pedazo de prato que realizou! 😍
Ademais destes dous retos, que fixo xenial, estivo practicando as letras minúsculas de dúas formas, libremente (escribíndolle unha nota a súa mellor amiga) e seguindo unhas pautas, así de ben:



En paralelo a isto, segue xogando un montón! Encántame! 😍

Unha compañeira de Carlota é Antía que tamén realiza varios dos retos que vos vou propoñendo diariamente. Entre eles, realizou o Land Art con cunchiñas que foi atopando pola praia:


Quedoulle de marabilla! 😍 Outro dos retos que levou a cabo foi o de escribir o seu nome con obxectos:


Vístedes os elementos que empregou? Un Aro, un Nivel, unha Tinta, un Iogur e un Afialapis. Xenial! Ademais destes, realizou a brocheta de formas quedándolle xenial:


Finalmente, o último reto que levou a cabo foi o memory que lle quedou chulísimo:


Ademais destes, desenvolveu moitas outras tarefas como practicar as minúsculas escribindo oracións...


...matemáticas...


...e tarefas dos outros mestres, como do mestre Manolo realizando a indiaca coa súa irmá Carla (educación física) ou da mestra Zoila a través dunha fichiña de coidado do medio (relixión):



Encántanme todas as actividades 😊 (recordade que podedes miralas marcando nas tres liñas superiores da esquerda do blog e entrando en cada unha das páxinas dos outros mestres). Xunto a todo isto, contoume que pasea un montón, que vai en bici e que sempre que pode baixa á praia, onde realiza cousiñas tan chulas como colas de serea:


Unha gran amiga de Antía é Laura, a cal tamén realizou varios retos, como o do dominó, mandándome un vídeo vendo como lle cae a fileira de libros:



Ademais deste, realizou o das brochetas quedándolle chulísimas...


... e o memory creando incluso dous!



Gústanme moitísimo os tres 😊. Ademais, practicou a lectoescritura a través da lectura dun conto bonitísimo...


... e a escritura de letras minúsculas:


Finalmente, díxome que, ao igual que os seus compañeiros/as, pasea un montón, anda en bici e vai á praia sempre que pode. Aproveita todo o tempo! 😍

Outro neno de cinco anos é Álex, quen me comentou que xoga moito co seu irmán Lucas ao fútbol, cas motos, cas bicis,... e que pasean:


Pásano xenial! De todas formas, non se esquece da súa rutina diaria, levando a cabo varias actividades como os retos. Nesta ocasión, fixo o da estampación das follas indo a buscalas ao monte con súa nai:


Quedáronlle xenial, verdade? 😊 Ademais, ensinoume un obxecto que reutiliza, entre outros moitos, como un táper dos iogures para gardar as cores:


Outro reto que levou a cabo e que tamén fixo de marabilla foi o da memorización das formas xeométricas:


Finalmente, mandoume algunha foto de fichiñas que fixo para practicar...
...matemáticas...


... a escritura...


... e os números en inglés:


A parte destas tarefas, tamén xogou cun xogo de Bob Esponxa:


Non para! Está todo o día facendo cousiñas! 😍

Lucía, pola súa banda, é outra das nenas que me manda un montón de tarefas, entre elas, están os retos:
- O das follas escribindo ademais o nome das plantas da que proceden:


- O da memorización das formas xeométricas:


Fixo xenial ambos, verdade? 😍
A maiores, estivo practicando o vocabulario relacionado co tempo meteorolóxico en inglés:


Finalmente, realizou varias páxinas dun libriño que comprou e onde levou a cabo actividades de lóxica-matemática e de lectoescritura:










Traballou un montón estes días! Segue así! 😊

Para rematar por hoxe, sinalar a Martiño, o cal estivo de perruqueiro poñendo todo guapo o potato 😀. Deixouno así de ben:



Está xenial 😍!
Ademais disto, xa realizou a súa rutina diaria, levando a cabo unha fichiña de comprensión lectora onde tivo que debuxar o que liu...


... e de matemática, que consistía nun crebacabezas de restas:



Xa traballou un montón! De marabilla! 😀

Para rematar esta entrada, dicirvos que me fai moita ilusión ver o ben que aceptades as miñas propostas e as marabillas que facedes con elas!


MIL APERTAS! 




































Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

DÍA MUNDIAL DO LIBRO