RETO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

Bos días familias,

Que tal? Aproveitástedes ben o fin de semana? Xogástedes moito? Estou segura de que si 😊.

Comentarvos que o venres, 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente polo que esta semaniña os retos van atender á natureza, a través do seu coñecemento máis afondo  e da importancia do seu coidado.
Concretamente, o RETO de hoxe consiste en aproveitar o paseo para aprender, grazas a mamá, papá ou algún familiar, tres nomes de árbores e plantas. Seguro que xa sabedes un montón, pero vamos a intentar saber un pouquiño máis (e non vale dicir as que xa coñecíades) 😊. A partir de aquí, podedes coller algunha folla de árbore ou arbusto e estampala como fixen eu:


Seguro que a vós vos queda moito mellor!

Atendendo xa ás TAREFIÑAS, hoxe vou comezar polos máis pequenos, entre os cales, está Desiree, que realizou o reto de facer o seu nome con obxectos escribindo, a maiores, os que empregou:



Ademais disto, seguiu traballando a temática deste trimestre, Van Gogh e as súas obras. Concretamente, pintou un dos seus cadros máis famosos facéndoo de marabilla e escribiu o seu título 😍:


Quedoulle chulísimo! Outro tema no que segue a traballar é as plantas identificando as súas partes a partir dun debuxo:


Finalmente, mandoume unha fotiño onde se ve que traballa os números e as letras...


... e que realiza algunha das tarefas que propón o mestre Dani:


Finalmente, comentoume que estes días saíu un montón a pasear e que foi a praia con Adrián e Sara. Seguro que o pasaron xenial! 😊

Outra pequena de catro anos é Carlota que realiza operacións matemáticas de maneira interactiva co ordenador. Traballa así de ben:



Ademais destas fotografías, mandoume un vídeo onde podo ver que está lendo de marabilla xa con letras minúsculas. Finalmente, comentoume que o venres foi á praia e que se estaba moi ben! Que ben o pasa! 😀

Outro dos pequenos de catro anos é Gabriel, quen me mandou distintas imaxes onde se ven varias tarefas que realizou de grafomotricidade tendo que seguir un camiño ou unir obxectos coas súas sombras (traballando ademais as figuras):





Ademais disto, mandoume unha foto ensinándome o rápido que lle están crecendo as lentellas:


Algunhas xa están enormes, verdade?
Finalmente, comentoume que o domingo estivo xogando coa mangueira mollando a todos, aquí tendes a proba gráfica 😊:


Seguro que disfrutou moitísimo! 😍

Un compañeiro de Gabriel é Leo, o cal estivo levando a práctica varios dos retos que vos mandei, como...
... o de escribir o seu nome con obxectos...



... o de buscar caras facendo el unha e buscando outra...



... o do dominó...



... ou o das brochetas de formas:


Encántanme todos os retos que levou a práctica, a vós tamén verdade? 😍
Ademais de todos estes, fixo algunha fichiña de matemáticas e practicou as cores en inglés:






Traballou un montón! E doulle tempo incluso a ir á praia co seu irmán Didier mandándome unha foto xogando coa area o seu primeiro día! Está chulísima e pasao xenial! 😍

Para rematar cos máis pequenos, destacar a Roi que estivo realizando varios debuxos atendendo ao enunciado que lle poñían:










A través destes debuxos estivo practicando a educación plástica, pero tamén a lectura, a escritura, a serie numérica e algunhas sumas e restas que aparecían nun debuxo 😍.
Finalmente, mandoume varias imaxes onde se lle ve xogando ao pelouro...


... facendo unha ruta de senderismo...


...enterrando ao seu irmán Xabier na area...


...ou fabricando unha indiaca:


Sabedes que é o xogo do pelouro? Este é un xogo popular onde só se precisan 5 pedras planas. As normas son as seguintes:
1º Os xogadores colócanse en círculo sentados no chan. Van participando en orde. O que perde cede a vez ao seguinte.
2º Lánzanse ao aire os 5 pelouros, tentando coller co dorso da man polo menos algún. Este pasa a ser a coutadeira (pedra mestra).
3º Lánzase a coutadeira ao aire e antes de recollela, cóllese con esa man un dos seixos (pedras) do chan.
4º Repítese o proceso ata recollelos todos do chan. Quen o consiga gaña a partida.

Por outra banda, a indiaca é un deporte de equipo que se xoga nunha cancha similar á do voleibol, pero golpeando coa man unha pelota con plumas, como a que fixo Roi tan ben.

Encántame que xogue a xogos populares ou diferentes, así como que realice tanta actividade física! Xenial! 😍

Atendendo xa aos maiores, Lucía mandoume unha fotiño co reto do memory. Quedoulle así de ben:


A maiores, ela buscoulle outra posibilidade de xogo como é o 5 en raia! Encántame! 😍

Outro pequeno que tamén fixo varios dos retos que vos propoño é Álex, o cal buscou varias caras pola casa atopándoas en varios obxectos e creando el outra:





Canta imaxinación! 😊
Outro dos retos que levou a cabo foi o do dominó...


... e o das brochetas de formas!


A maiores dos retos, practicou distintos conceptos matemáticos a través de varias fichiñas...







... así como traballou a lectoescritura a través dunha sopa de letras e un encrucillado:



Finalmente, mandoume unha fichiña onde se ve que tamén realiza algunha actividade en inglés para aprender as cores, a forma das oracións e algún obxecto:


Realizou un montón de tarefas e iso que todos os días vai á praia onde bucea e nada cada día mellor! Pásao de marabilla, mentres está aprendendo en todos os ámbitos! 😍

Unha compañeira de Álex é Noa, quen realiza todos os retos que vos presento como o memory...


... a brocheta de formas...


... e o da memorización de figuras xeométricas (empregando, neste caso, tamén números):


Realízaos sempre xenial! Encántame! 😍
Finalmente, mandoume unha imaxe onde se ve que realizou tres crebacabezas de princesas e que lle quedaron súper ben:


Ademais, comentoume que, ao igual que os seus compañeiros/as, vai a praia e que o pasa xenial. Como xa sabe nadar soa, agora está aprendendo a dar volteretas na auga. Pode ser que se faga toda unha nadadora de natación sincronizada! 😍

Para rematar por hoxe, ensínovos o que me mandou Martiño, como é a súa rutina diaria de realizar algunha fichiña de matemáticas e a lectura e escritura dun conto de Bubela:



Ademais disto, realizou o reto de memorizar formas xeométricas seguindo o seguinte patrón:



Finalmente, ensinoume como lle vai crecendo o pelo a unha das manualidades que levara a cabo e que xa vos presentara nunha entrada anterior:


Xa lle vai ter que cortar o pelo a Potato (chámalle así)! 😍
Ademais disto, hoxe vai transplantar as lentellas á terra porque xa están moi grandes! Non para de traballar! 😊

Para rematar, dicirvos que estou súper contenta con todos vós polo esforzo que facedes!

MIL APERTAS! 

Ilustración de Ilustración Vectorial Dibujada A Mano De Pequeños ...





















Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS