RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

Boas tardes familias,

Que tal? Foron os pequenos/as onte ao parque ou a xogar con algún compañeiro/a? E agora a mañá, a que andiveron?

O RETO de hoxe está relacionado coa lectoescritura, concretamente, consiste en crear un conto. Para elo, hai que ter un dado, se non o tendes podedes facer varios cachiños de papel, poñedes os números e elixides cos ollos tapados ou cos papeis xirados. A continuación, lánzase, por primeira vez, o dado para saber que protagonista nos toca; logo, o escenario; a continuación, o obxecto; despois, a situación e finalmente, o outro personaxe atendendo sempre ao número que toca.
Unha vez seleccionado todo, é hora de elixir o xénero e recibir un pouquiño de axuda, se a precisades 😊! Podedes plasmar o conto a través da escritura de todo este empregando as maiúsculas ou minúsculas, ou pór só o título e un debuxo.
Agora tócavos a vós traballar a imaxinación e a creatividade! Alá vamos! 😍

Crea unha historia - Ficha interactiva

Atendendo xa ás TAREFIÑAS dos pequenos/as, hoxe comezo cos máis pequenos, entre os cales está Cloe, a cal fixo o reto das formas xeométricas, así de ben, atopando...
... cadrados ...


... círculos de distintos tamaños ...


... e un hexágono (seis lados):


Está xenial, verdade😍? Outro dos retos que realizou foi o de facer a serie de obxectos atendendo de menor a maior tamaño:


A maiores destes, mandoume dous debuxos de dous contos que colleu na biblioteca e que leu na casiña:



Están chulísimos os dous! Finalmente, comentoume que tamén realizou algunha fichiña de números e que escribiu un pouco. Non debeu parar! 😊

Outro dos pequenos que tamén fixo un montón de actividades é Leo, o cal levou a cabo un montón de retos:
- Reto das series:



- Reto do animal fantástico:



- Reto da descrición da súa fotografía favorita:



- Reto de buscar formas xeométricas pola casa, identificando ...
... un cadrado...


... un rectángulo...


... e varios círculos:



Encántame os catro retos que levou a cabo: o das series facendo ata dúas súper chulas; á creación de El monstruo de Leo, o cal ten un montón de superpoderes; a descrición da foto e saber que o pasou moi ben ese día; e a busca de formas xeométricas. Están xeniais 😍! 
Ademais disto, tivo tempo para facer varias fichiñas de matemáticas e de vocabulario do corpo humano en inglés! 





Moi ben 😊! Finalmente, mandoume varias fotos de como rematou o mural de Van Gogh:




Debeulle de levar moitísimo traballo porque está xenial 😀!

Para rematar cos pequenos, cabe sinalar a Alma, a cal estivo de cociñeira estes días:



Ten unha pinta riquísima esa tarta! Eu tamén quería probar un pouco 😋!

Comezando xa cos maiores, Martiño é outro dos pequenos que realizou a serie de tamaños, neste caso, facéndoo no seu caso de maior a menor:


Está xenial 😊!

Outra pequena que tamén puxo en práctica este reto é Noa, concretamente, ordenou obxectos de menor a maior tamaño...


... e de maior a menor peso:


Están chulísimas as dúas series 😊! Ademais deste reto, tamén estivo buscando formas xeométricas atopando estas pola casa:

Varios rectángulos e cadrados ...





... e círculos:



Para rematar, Lucía, tamén levou a cabo os dous últimos retos que vos mandei. O primeiro deles é o das formas xeométricas atopando un círculo...


... un cadrado ...


... un rectángulo ...


... varios círculos, cadrados e triángulos nun único obxecto ...


... e un hexágono e dodecágono (doce lados):


Encontrou moitísimas formas 😊! O outro reto que puxo en práctica foi o de ordenar obxectos de dúas maneiras distintas:
- De maior a menor peso:


- De maior a menor tamaño:


Xenial! 😍

Para rematar a entrada de hoxe, gustaríame dicirvos que me encanta que aínda sigades facendo os retos. A parte deste, xa só nos queda un! 


MOITÍSIMAS APERTAS!

Un abrazo gigante - Abrazos y besos, tarjetas











Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS