NOVO RETO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS
Bos días familias,
Que tal? Que fixéstedes onte? Probástedes a facer o reto? Gustouvos o vídeo co experimento? Espero que xogárades un montón e que si vos gustara o vídeo.
Con respecto ao RETO de hoxe, este segue a referirse ao medio ambiente, concretamente, atende a unha característica das flores... o seu olor! 😊Cantas veces as ulístedes? Hai algunha que vos guste moito? E algunha outra que vos cheire mal?
En relación a isto, o reto consiste en facer:
🌷🌸🌹 Perfume de flores🌺🌻🌼
Para elo, precisamos:
- Flores e/ou follas.
- Auga ou alcohol metílico.
- Bote de cristal hermético.
Soamente temos que cortar os pétalos e follas, metelos no bote e botarlle alcohol ou auga, agardamos nove días e coamos.
Finalmente... queda ulilo!
Eu xa o preparei, só me queda tapalo e esperar:
Atendendo xa ás TAREFIÑAS, hoxe comezo con Martiño, o cal fai a súa rutina diaria de marabilla sempre 😍. Neste caso, practicou matemáticas e a lectura e a escritura coas seguintes fichiñas...
Finalmente, levou a práctica o reto que, como era de auga, fixo encantado:
Fíxoo xenial, razonando todo porque practica xa moitas veces 😍! (ah, e que sepades que o camaleón non era de verdade, era un boneco de plástico 😊).
Outra nena que tamén desenvolve todos os retos que vos propoño é Noa, quen realizou o reto das follas, aprendendo varios nomes de plantas e escribíndoos nas follas correspondentes:
A maiores, e para quedarlle de recordo, plastificou varias follas...
... así como elaborou un marcapáxinas chulísimo 😍:
Encántame 😍!
Finalmente e co motivo da reutilización, empregou materiais de refugallo (tapóns e unha botella) para crear unha flor así de bonita:
Quedoulle de marabilla! 😊
Para rematar esta entrada, dicirvos que me encanta todo o que me mandades e me contades! 😀
19 ENORMES APERTAS!
Comentarios
Publicar un comentario