NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS

Boas tardes familias, 

Que tal? Algunhas das nenas xa as vin hoxe e quedei contentísima, aínda que apenas me falaron... 😊 Espero que mañá poida ver moitos máis compañeiros/as co seu papá ou mamá!

Con respecto ao RETO de hoxe, este atende a traballar os sentidos dándonos de conta de toda a información que nos proporcionan. Para elo, a actividade consiste en que mamá, papá ou algún maior ou irmán/á seleccione distintos alimentos sen velos e despois vós teñades que adiviñalos cos ollos pechados a través do gusto (identificando doce, salgado, amargo e ácido) e do olfacto (olor forte ou suave). Non vale facer trampa e mirar polo rabiño ou por algún furadiño que quede 😉! A ver cantos acertades! Moita sorte!

Atendendo xa ás TAREFIÑAS, hoxe mandáronme distintas actividades catro nenos/as. Comezando polo primeiro, destacar a Gabriel, o cal estivo realizando o reto da colonia:


Seguro que lle recende de marabilla 😊! En relación tamén aos retos, ensinoume todo o que lle creceron as lentellas e que é moitísimo como podedes ver:


Agora ten que transplantalas. Ademais disto, traballou a lectoescritura relacionando a letra inicial dunha palabra con esta:


A maiores, continuou aprendendo matemáticas cun encerado magnético chulísimo onde tiña que ordenar a serie numérica e facer unha suma:




Finalmente, fixo varias fichiñas onde tiña que seguir un camiño co obxectivo de traballar a grafomotricidade e a relación entre silueta e sombra:




Encántame todo o que realizou, seguro que non parou un minuto estes días! 😍

Outra nena que tamén fixo un dos retos que vos propuxen é Alma, quen describiu así de ben a súa foto preferida:


"Nesta foto, estou sentada no meu baúl de xoguetes, con dúas trenzas, cunha camiseta e as miñas sandalias de Minnie. Na man teño as gafas de sol e nunha rodilla teño unha tirita de Hello Kitty. Enriba do baúl tamén hai unha caixa na cal hai 3 globos blancos. É unha das miñas fotos favoritas porque ten globos e a min gústanme moito os globos".

Está de marabilla, verdade? Ademais deste, comentoume que hoxe estivo traballando a abecedario. Encántame todo o que realizou. Segue así de ben! 😍

Outra pequena pero xa de maior idade é Lucía, a cal tamén realizou o reto da descrición:



Custoulle un montón de traballo pero fíxoo de marabilla, a que si? Encántame o ben que describiu todo e como o escribiu en letras minúsculas. Xenial 😍!
Ademais deste reto, elaborou o do animal fantástico con cousiñas da casa, creando este tan chulo:


Ademais de ambos retos, practicou as minúsculas cunha fichiña...


...e realizou outra de relixión:


Cantas cousiñas fixo 😀!

Para rematar por hoxe, sinalar a Laura, quen puxo en práctica varios dos retos que vos enviei. No seu caso, realizou:
- O reto das follas, o cal lle encantou porque me dixo a súa mamá que lle encanta ir recolectando follas pola horta:


- O reto da colonia, que seguro lle recende de marabilla:


- O reto de facer series, chegando a crear dúas:



- O reto de flotabilidade:


Encántanme os catro retos que realizou, están xeniais 😍! Ademais destes, seguiu a practicar as sumas cun libriño...


... e a lectoescritura a través da escrita de minúsculas e a realización dunha sopa de letras:



Que ben realizou todo! Finalmente, comentoume que segue a pasear moitísimo, que vai en bici e ensinoume dúas vacalouras que lle van todos os anos na mesma data a súa ventá. Vós vístedes algunha vez este animal? Pois Laura sacoulles unha foto para ensinárvolas:



Son súper bonitas 😊! 

Para finalizar a entrada de hoxe, espero que esteades todos moi ben! 


MOITÍSIMOS BICOS!

41 mejores imágenes de Gifuns en 2020 | Emoticonos animados ...










Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

DÍA MUNDIAL DO LIBRO