NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

Bos días familias,
Que tal? Que fixéstedes onte? Non houbo día de praia pero seguro que o pasástedes xenial xogando 😊.
Atendendo ao RETO de hoxe, este consiste en deixar voar a imaxinación creando animais fantásticos!
Concretamente, consiste en buscar pola casa obxectos moi variados e crear un animal. Pensade que é fantástico, polo que pode ter dous ollos, tres ou...ningún! Pode ser como queirades! E o seu corpo? Un calcetín, unha caixa, un botón, un anaco de papel, un bolígrafo,...
Cun pouco de pegamento ou fío podedes ir engadindo todos os elementos que vos apeteza.
E que tal se lle poñedes un nome? 
Incluso pode ter algún poder máxico... cal vos gustaría?

No referido ás TAREFIÑAS dos nenos/as, hoxe comezo polos máis pequenos, entre os cales, está Navia, a cal realizou varios dos retos como é o das colonias, creando dúas: unha con malvarrosa e outra con lavanda:


Seguro que recenden de marabilla! 😊
Ademais, puxo en práctica o de flotabilidade como podedes ver:



Fíxoo xenial, verdade?
Encántame que os realice e máis aínda que se entreteña tanto con eles, como me comenta. A maiores, xoga un montón e pasea 😍.

Roi é outro dos pequenos que realiza moitísimas actividades, como son fichas de distinto tipo, por exemplo:
... de matemáticas:






... de lectoescritura:








... e de naturais:


Fixo un montón e todas de marabilla 😍. Ademais disto, descargou un libro personalizable para colorear:



Quedáronlle ambos debuxos chulísimos! 😊

Comezando xa polos pequenos/as de cinco anos, sinalar, en primeiro lugar, un dos mellores amigos de Roi, Álex, o cal levou a cabo o reto de onte de facer series. Concretamente, realizou dúas cos mesmos obxectos:



Fixo xenial o reto, verdade? 😊 Ademais deste, estivo traballando matemáticas a través da descomposición de números e a equivalencia entre conxuntos:




Finalmente, practicou a lectura comprensiva con dúas fichiñas:



Traballou un montón facendo de marabilla as fichiñas 😍! A maiores, comentoume que estivo xogando cos seus amigos ao fútbol. Pásao xenial! 

Outra pequena que realizou o reto da seriación foi Lucía, quen o puxo en práctica así de ben:


Está de marabilla 😀! Ademais, viu varios vídeos de inglés, realizou unha ficha de plástica e completou varias follas dun libro onde tiña que realizar exercicios referidos a unha ilustración:


Finalmente, comentoume que o venres foi camiñando pola praia e alí fixo un barquiño cos elementos que atopou, quedoulle así de chulo:


Para rematar o finde, o domingo foi remar en kaiak ao Ézaro e sacou fotos tan chulas como estas:




Seguro que o pasou de marabilla 😊 e eu non puiden ir 😌.

Para rematar por hoxe, sinalar a Martín, o cal tamén fixo unha serie súper chula 😊:


Outro dos retos que puxo en práctica foi o do vaso:



A maiores deles, traballou as matemáticas a través da resolución de problemas...


... e a lectura e escritura con varias fichiñas:





Traballou un montón 😍. Finalmente, díxome que axuda coas tarefas do fogar mandándome unha fotiño de proba...


... e que pasea un montón. Para poder ver iso, mandoume unha foto onde se lle ve pasear por Lariño co seu mellor amigo Adrián:


Non para de facer cousas! 😍
Para pechar esta entrada, dicirvos que aproveitedes a xogar un montón ao aire libre porque parece que vén o mal tempo 😌... 


19 APERTAS! 






Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

DÍA MUNDIAL DO LIBRO