RETO DO MEDIO AMBIENTE E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

Bos días familia, 

Que tal? Que fixéstedes onte? Xogástedes moito?

Hoxe, o novo RETO que vos propoño segue a estar relacionado co medio ambiente, concretamente, ten que ver coa visualización dalgunha das curtas e/ou cancións que propón o departamento de orientación do noso cole. Preséntovos o enlace da páxina e, tamén para facilitarvos o visionado, os vídeos directamente:


Curta animada: "Coida a auga"

A partir desta curta, podedes traballar que accións ven os nenos/as que o home fai mal na primeira parte, que lle está a suceder ao gato,... Logo, na segunda parte onde o home xa se dá de conta do negativo das súas accións, podedes sinalarlle aos nenos/as as que realiza positivamente para o coidado do medio ambiente.

Curta animada: "A viaxe das tartarugas: Océanos en perigo"

Esta curta é un pouco dura para os nenos/as que son moi sentidos. De todas formas, é moi interesante para poder ver o dano que se lle fan as especies animais cando se lle elimina o seu medio ambiente. A partir deste, podedes crear unha lista con animais en perigo de extinción e que se podemos realizar entre todos/as para que non se extingan.

Canción: "O veleiro verde" de María Fumaça

A letra desta canción refírese aos danos que ocasionamos o medio ambiente, pero tamén dá unha esperanza co veleiro verde.

Canción: "Mamá Tierra" de Macaco


Esta é unha canción de Macaco que é moi gráfica coas imaxes que amosa. Nun principio, vese a gran beleza do noso planeta, pero logo todo o dano que lle causamos.

Con respecto xa ás TAREFIÑAS dos pequenos/as, hoxe comezo polos maiores, concretamente, por Lucía, quen me mandou un montón de fotos con todo o que fai. Entre as distintas cousiñas, realizou o reto do barco pirata:





Vístedes que chulo lle quedou? Ademais, engadiulle unha chica pirata con pata de pau e todo. Encántame! 😍
Tamén, realizou o reto do vaso descubrindo que as frechas só cambian de sentido se se afasta un pouco o vaso do papel:



Para rematar cos retos, puxo en práctica o experimento de flotación, probando con múltiples obxectos e descubrindo que algunha idea que tiña estaba un pelín equivocada. Seguro que aprendeu un monton! 😊


A maiores de todo isto, doulle tempo a facer algunha actividade escrita de práctica de minúsculas:



Traballou un montón, verdade? Segue así! 😊

Outra pequeno que tamén realiza os retos de marabilla é Martiño, quen elaborou colonia de xasmín:




Seguro que vai recender xenial! 😊

Álex é outro dos nenos que me manda tarefas, entre elas, está a elaboración do perfume, así de ben:



 

Seguro que, ao igual que a de Martiño, lle recende de marabilla!
Ademais deste reto, fixo outros dous, como é o do vaso onde se pode ver que lle cambiaban as frechas de sentido...



... e o de flotación:


Ademais disto, transplantou as lentellas porque xa estaban enormes:




Finalmente, doulle tempo a facer algunha fichiña de lectoescritura...





... e de matemáticas:




Cantas cousiñas fixo, e todas de marabilla! Ademais, contoume que xoga un montón ao Uno e que lle gana a mamá! 😊

Con respecto aos nenos e nenas de catro anos, sinalar en primeiro lugar a Gabriel, que tamén fixo o reto da colonia xunto ao seu irmán Manuel:




Ademais deste reto, levou a cabo o das caras, atopando esta do revés...


... e esta debuxada nunha caixa de galletas:


Canta imaxinación! 😍
Finalmente, realizou dúas fichiñas para traballar a grafomotricidade e que fixo súper ben:



Realiza un montón de tarefiñas! 😍

Para rematar por hoxe, destacar a Carlota que tamén leva a cabo múltiples actividades, entre as cales, está realizar o reto de flotación empregando estes catro elementos:


Logo, púxoos en práctica así de ben:







Só se equivocou na pedriña, xenial! 😍
Ademais deste reto, continuou aprendendo matemáticas a través dunhas fichiñas e dun xogo de ordenador facéndoo xenial como se pode comprobar...






... e seguiu a practicar as minúsculas:




Finalmente, está feita toda unha chef cociñando:


Eu quería probar esa receita porque seguro que estaba boísima 😋!

Para pechar a entrada de hoxe, desexarvos un moi bo fin de semana de risas e xogos! 

MIL APERTAS!

15 parejas de animales mostrando su ternura al mundo | Schnauzi.com
























Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

DÍA MUNDIAL DO LIBRO