ÚLTIMAS TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

Bos días familias,

Como xa supoñedes hoxe xa non hai reto, pero houbo algunhas nenas que si me mandaron as súas últimas TAREFIÑAS.
Entre as pequenas que o fixeron, destacar a Lucía, a cal estivo realizando o reto que vos propuxen onte, facendo un debuxo súper bonito:


Quedoulle xenial, verdade 😍Ademais deste, creou o conto a partir do que lle saía no dado:


Canta imaxinación e creatividade! Encántame 😀! 
Finalmente, realizou algunha fichiña de lóxica-matemática e de lectoescritura:






Así mesmo, fixo a actividade do profe Dani de decorar o seu nome:


Traballou un montón toda esta tempada 😊!

Atendendo á segunda das nenas que me mandou fotos das súas tarefiñas, destacar a Laura, a cal puxo en práctica o reto do debuxo de marabilla:


Eu tamen vos boto de menos 😔! Ademais deste reto, realizou o dos sentidos identificando varios alimentos:


Xenial 😀! Tamén, puxo en práctica o de crear o animal fantástico, creando un ser chulísimo:


Que bonito e colorido é 😍! A maiores, seguiu afondando no coñecemento dos animais ...


... e nas matemáticas cunha fichiña con varios exercicios:


Traballou moitísimo 😊!

AGORA TÓCAVOS DESCANSAR A TODOS E A TODAS PARA VOLVER AO COLE COAS PILAS CARGADAS! 




Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

DÍA MUNDIAL DO LIBRO