NOVO RETO E TAREFAS DOS PEQUENIÑOS/AS

Boas tardes familias,

Que tal? Que fixéstedes onte? Estivéstedes facendo o reto? Espero que xogárades moito e que o pasárades xenial 😊!

Atendendo ao RETO de hoxe, este é moi fácil, consiste en facer unha serie de dez obxectos ordenándoos de maior a menor tamaño, de maior a menor peso,... ou á inversa.
Seguro que o facedes xenial! A poñelo en práctica!

Con respecto ás TAREFAS dos nenos/as, hoxe mandáronmas dous neniños/as de cinco anos. Entre eles, está Martiño que puxo en práctica o reto de onte de buscar formas xeométricas e encontrando estas:







Identificástedes todas? Seguro que si e se non axúdovos eu:

círculo - rectángulo - cadrado - trapecio - rombo máis triángulos - triángulo

Fixo xenial o reto, verdade 😍?

Ademais deste, está a ler varios poemas de Rosalía de Castro escribindo, a maiores, o fragmento dun deles:


Sabedes que poema é? Campanas de Bastabales! Encántame!

A outra pequena que tamén me mandou fotiños do que realizou foi Lucía, a cal levou a cabo varias fichiñas:




Moi ben! Segue así 😍!

Para rematar, dicirvos que xa queda pouquiño!

MOITÍSIMOS BICOS!

Pin de Malu en Besos y abrazos | Muñequitos de amor, Emojis de ...


Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

DÍA MUNDIAL DO LIBRO