NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS
Boas tardes familias,
- O reto de buscar formas xeométricas pola casiña, atopando un triángulo, un círculo, un cadrado, un rectángulo e un hexágono 😀. Mirade onde os atopou:
- O reto de describir a súa foto favorita:
- O reto de ordenar obxectos de maior a menor tamaño:
Que tal? Que estivéstedes facendo onte? E hoxe a mañá? Espero que fixérades un montón de cousiñas chulas 😊!
Hoxe móstrovos o último RETO deste curso (esperemos que para o ano non sexan precisos). Esta pequena tarefiña consiste en facer un debuxo e/ou escribir unha frase mostrando o que máis vos gustou da escola durante este ano! Seguro que o facedes de marabilla! Moito ánimo!
Atendendo xa ás TAREFIÑAS dos nenos/as, hoxe comezo por Álex, o cal fixo varios dos retos que vos propuxen ultimamente. Entre eles, están:
- O reto de buscar formas xeométricas pola casiña, atopando un triángulo, un círculo, un cadrado, un rectángulo e un hexágono 😀. Mirade onde os atopou:
- O reto de describir a súa foto favorita:
- O reto de ordenar obxectos de maior a menor tamaño:
Fixo xenial os tres retos, verdade 😍? A min tamén me encanta a foto, seguro que o pasou xenial en Warner Bros. Ademais, está súper ben descrita!
A maiores disto, realizou unha fichiña de comprensión lectora e outra de matemáticas:
Outra tarefiña que realizou foi a que mandou o profe Dani de decorar o seu nome:
Moi ben 😊! Finalmente, mandoume unha foto onde se lle ve xogar co seu padriño e súa tía Iria ao DOS, pasándoo moi ben ...
... así como andando en bici co seu irmán Lucas:
Ademais, díxome que vai ao parque ou a pista todos os días, pasándoo de marabilla cos seus amigos, e que un día foi á piscina, pero empezoulle a chover e bañouse nun jacuzzi. Debe pasalo xenial 😍!
Outra das pequenas que me manda cousiñas é Laura, quen fixo así de ben o barco pirata:
Está de marabilla 😍. Outro dos retos que puxo en práctica é o das formas, atopando un montón:
Identificástedes todas? Hai un rombo, varios círculos, un hexágono, unha estrela, un rectángulo, un triángulo e dous círculos concéntricos. Está xenial o reto 😊!
Ademais destas tarefiñas manipulativas, realizou varias relacionadas con aspectos matemáticos...
... e con vocabulario de inglés:
Finalmente, fixo unha actividade reutilizando tapóns, creando unha flor súper bonita!
Está de marabilla 😍! A maiores de todas estas tarefas, vai pasear á praia e monta en bici. Que ben!
Para rematar coas tarefiñas de hoxe, mostrarvos o que me mandou Lucía, a cal fixo varias actividades escritas. Entre elas, realizou varias fichiñas para traballar aspectos lóxico-matemáticos...
... así como de lectoescritura:
Moi ben 😊! Ademais destas actividades, seguiu a afondar no coñecemento das plantas a través dunhas cartiñas:
Se vos fixades, a actividade consistía en clasificar que parte da planta comemos con distintos alimentos (por exemplo, a cenoira é a raíz da planta). Finalmente, comentoume que estivo xogando coa súa mamá ao UNO, seguro que o pasou moi ben 😊:
Para rematar, dicirvos que me encantou ver o ben que traballástedes toda esta tempada, sabendo o duro que era tanto para vós, as familias, como para os pequenos/as, que se tiveron que adaptar a cambiar a súa vida dun momento para outro. Moitísimas grazas!
MIL BICAZOS!
Comentarios
Publicar un comentario