NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS

Boas tardes familias,

Que tal? Que fixéstedes o fin de semana? Paseástedes moito? Xogástedes? Espero que estivérades xenial e o pasárades de marabilla 😍!

Hoxe o RETO que vos propoño consiste en buscar pola casa ou ao voso redor distintas formas xeométricas. Por exemplo, eu atopei estas:

CÍRCULO:


CADRADO:


RECTÁNGULO:


ROMBO:


TRAPECIO:


TRIÁNGULO:


Agora tócavos a vós, a ver cantas atopades 😊!

Con respecto xa ás TAREFIÑAS dos pequenos/as, hoxe comezo polos máis pequenos, entre os cales, está Desiree, quen me mandou un montón de cousiñas. Entre elas, realizou actividades de escritura de minúsculas:



Ademais das letras, tamén estivo levando a cabo actividades escritas de matemáticas...





... e xogou ao parchís, aprendendo moitísimo seguro (serie numérica, sumas, restas, subitización, cumprimento das normas, respecto das quendas,...) e pasándoo de marabilla:


Traballou moitísimo as letras e números, verdade? 😊 Pois, a maiores, realizou actividades de inglés:




Finalmente, puxo en práctica un dos retos: o do dominó, así de ben:


Encántame 😍! 

Con respecto aos máis maiores, entre eles, está Martiño, o cal realizou varias tarefas, como é o reto da foto elixindo unha desta semana onde elaborou xeado:


Seguro que estaba boísimo 😋! Eu tamén quería probar. De todas formas, en vez de describir a foto mandoume a receita para poder elaboralo nós:


Encántame 😍! Ademais disto, practicou as sumas e restas facéndoas de marabilla:


Finalmente, mandoume unha fotiño do seu Potato, ao cal, como podedes ver, lle vai ter que volver a cortar o pelo outra vez:


Agora toca esperar a ver o peinado que lle fai 😉!

Para rematar por hoxe, sinalar a Noa, a cal fixo un proxecto que lle quedou de marabilla sobre animais vertebrados:


Tívolle que levar moitísimo traballo pero é que está xenial 😍. Ademais disto, fixo o reto do animal fantástico poñéndolle pelos eléctricos, tres ollos, cabeza cadrada e pernas de tubo:


Finalmente, díxome que este finde pasouno moi ben, xogando coa súa prima e indo ao cumpreanos dun amigo. 

Para rematar a entrada de hoxe, convidarvos a que sigades esta última semana tan ben como fixéstedes ata agora!

MIL APERTAS!

Garfield | Garfield y sus amigos, Garfield, Besos y abrazos







Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

DÍA MUNDIAL DO LIBRO