DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Bos días familias,

Que tal? Como ides pasando este confinamento? Seguro que xa contando os días que quedan para que os pequenos/as poidan saír da casa e poder xogar ao aire libre, pois necesítano un montón.

Hoxe, a miña entrada ten como obxectivo conmemorar o Día Mundial do Libro, polo que vos fago varias propostas:

A primeira delas é a visualización dun vídeo que creei para vós. Espero que vos guste:


Outra das proposta que vos fago son varias adiviñas de títulos de contos:

Adiviña nº 1
- É un pitiño.
- Gústanlle moito os biscoitos.
- O seu maior inimigo é un gato.

Adiviña nº 2
- Son once mulleres.
- Viaxan moito.
- Vaise perdendo unha muller en cada lugar.

Adiviña nº 3
- O protagonista é un granxeiro.
- Ten moitos animais.
- Os animais van cambiando de lugar.

Adiviña nº 4
- O protagonista é un cadrado.
- Os seus amigos son círculos.
- Non colle pola porta.

Adiviña nº 5
- É unha nena.
- Ten un traxe coma un xadrez.
- Camiña nas puntas dos pés.

Adiviñástedelas todas, a que si? 😍 Se non as sabedes, mándovos as respostas na seguinte entrada.

A última das propostas é que volvades a visualizar unha das primeiras entradas que fixera sobre distintos contos (é do día 18 de marzo) e facer un debuxo sobre o que máis vos gustou. Se preferides, tamén podedes facelo sobre un conto que teñades vós na casa.
Xunto a este debuxo, ten que figurar escrito coma sempre o título do libro máis os elementos que debuxades como son o nome das personaxes, nubes, sol,...

Espero que me enviedes moitos e que gocedes coa lectura que, aínda que se debe realizar todos os días, hoxe con máis razóns. 

Para rematar, comentarvos que tamén vos enviei un ABALAR. Se non o podedes visualizar, avisádeme e intento mandárvolo doutra maneira.

Un saúdo enorme!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVAS ACTIVIDADES E TAREFAS DOS PEQUENOS/AS!

OS PEQUENOS E PEQUENAS SEGUEN TRABALLANDO UN MONTÓN!