RETOS E TAREFAS DOS PEQUENOS/AS!

Bos días familias!

Como empezástedes hoxe o día? Espero que con moitas ganas!

Hoxe, comentarvos varios aspectos:

En primeiro lugar quería preguntarvos dúas cousiñas: fixéstedes a receita? saívos rica? Algún neno xa me mandou fotiños da súa que vos ensinarei un pouquiño máis adiante.
Pola miña parte, eu tamén a puxen en práctica e cociñei, tendo en conta que o ingrediente que apenas tomo é a manteiga:

TESTÓNS CON CHOCOLATE E PLÁTANO
(na nosa casa chamámoslle testóns ás filloas)

Ingredientes:
- Fariña (a nosa é sen gluten por miña irmá que é celíaca)
- 3 ovos.
- Auga.
- Leite.
- Sal.
- Manteiga.

Para o chocolate:
- Leite.
- Cola cao.

Plátanos.

Elaboración:

Collemos todos os ingredientes:

Poñemos fariña nun bol:

Por outra banda, batimos os ovos:

Engadimos os ovos e un pouquiño de sal á fariña e comezamos a batir:

Vámoslle engadindo leite...

... e auga:

Seguimos batindo ata que quede, máis ou menos, líquido:

Collemos a manteiga:

Untamos a manteiga na sartén:

Poñemos unha capa fina da nosa masa:

Dámoslle a volta e sacámolo cando xa estea dourado polos dous lados:

Facemos o chocolate con colacao:

Cortamos o plátano e decoramos:

A que teñen boa pinta? Comémolos todos á hora da merenda. Agora podedes probar vós a facer a receita!
😋😋

A segunda cousiña do día de hoxe é o RETO a propor. Neste caso, consiste en crear con diferente material que teñades na casa unha paisaxe. Por exemplo, esta cidade:


Por outra banda, como ides con Van Gogh? Estades avanzando pouquiño a pouco con este gran artista? Seguro que si!
Por último, e como todos os días, mándovos as TAREFAS que foron facendo os nenos/as.
En concreto, vou comezar con Álex que cumpriu o reto cociñando unha lasaña e unha tarta. Teñen as dúas unha pintaza! 😋





Ademais deste reto, tamén fixo os anteriores que vos propuxen como o de buscar as formas nas nubes...



... o de resolver os problemas matemáticos...


... ou o das adiviñas:

Ademais de todo isto, foi avanzando en Van Gogh facendo a súa descrición,...


... realizou varios exercicios de matemáticas...







... e practicou a comprensión lectora:


Por último, xogou ao bingo e ao "cuánto cuesta?" tendo que identificar os números, realizar sumas, respectar as quendas, comprender as regras de funcionamento,... Encántame que xoguedes en familia a xogos de mesa, apréndese un montón con eles!😍



Traballou un montón e fíxoo xenial! Segue así de ben!! 😍

Por último, sinalar a Lucía, a cal tamén fai moitas receitas como as arepas que vos ensinei o outro día. Onte fixo varias actividades aproveitando o paseo como sacar fotos as nubes ou crear varios marcapáxinas con flores que colleu diante da súa casa:




Está xenial a idea e encántame como lle quedaron! 😍

Xunto a esta manualidade, realizou varias actividades de matemáticas como restas e encrucillados matemáticos axudándose do cadrante:



Finalmente, practicou a lectura e escritura ordenando as palabras para facer oracións:


Para rematar a entrada, anímovos a seguir facendo os retos que vos propoño, investigar sobre Vincent Van Gogh, xogar en familia,... e mandarme as fotiños!

MOITÍSIMAS APERTAS PARA TODOS E TODAS!!

Dibujos animados pingüinos feliz pareja abrazo - Descargar ...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVAS ACTIVIDADES E TAREFAS DOS PEQUENOS/AS!

OS PEQUENOS E PEQUENAS SEGUEN TRABALLANDO UN MONTÓN!