AS TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS...

Bos días familias, 

Que tal? Seguides avanzando na investigación de Vincent Van Gogh? Fixéstedes a súa descrición? Sabedes xa algunha cousiña da súa vida? Seguro que si e que estades aprendendo un montón sobre este gran artista e sobre outras moitas cousas tamén.

Hoxe, e como vén sendo habitual, súbovos algunhas das tarefas que van facendo os nenos/as, comezando esta vez por Cloe, a cal continúa traballando moitísimo realizando múltiples actividades como as seguintes:

- Escritura do abecedario con distintos materiais como son lentellas, macarróns, algodón,... Que boa idea! 😊



- Realización de animais coa silueta da súa man, como é a xirafa e o dromedario, así como unha bolboreta. Encántanme 😍.



- Relación das letras maiúsculas coas minúsculas.



- Coñecemento de novas características dos animais. 


Ademais disto, xogou a "ferramentar" cunhas ferramentas superchulas de madeira, creou unha bolboreta con papel hixiénico e buscou pola casa obxectos con determinadas características e escribiunos.




Encántame que traballe tan ben e que faga actividades de distinta clase e moi manipulativas.

Outra das pequenas de catro anos é Carlota, a cal me contou que segue traballando un pouco todos os días. Que ben! 😊 Fai sumas e restas sen levar, le e comezou coas letras minúsculas. Ademais, pón en práctica a súa actividade preferida: recortar e pintar con rotuladores. Que ganas de ver algunha creación súa!

Unha das mellores amigas de Carlota é Antía que practica as sumas coa tablet. Seguro que as fai perfectas! 😍



Pola súa banda, Lucía tamén realiza moitas tarefas como a creación dun debuxo a partir do que ve dende a ventá da súa casa. A primeira das fotografías é a creación da súa nai para ter un modelo, e logo xa é a súa. A que lle quedou xenial? 😍




Ademais, traballa co cadrante do 100 como facíamos nós na clase, é dicir, nós na táboa do 100 tapabamos con gomets distintos números para adiviñalos, acordádesvos?
Pois ela, descargou xa un cadrante onde xa non aparecen algúns e logo escribiunos:



Xunto a todo isto, tamén puxo en práctica varios inventos como é crear un volcán con lava morada con estes ingredientes...


... ou experimentar para pasar de líquido a gas:




Finalmente, contoume que fai unha ficha de sumas todos os días, que pintou a cara coa súa nai (están as dúas guapísimas 😊), que empregou o Quiver e que viu Clan onde hoxe falaron de Velázquez e Van Gogh. Así mesmo, comezou a traballar sobre este último pintor, concretamente, coas letras do seu nome e contando tamén cantas letras ten iguais ca outros nenos/as:




Martiño, ao igual que Lucía, tamén realizou unha actividade co cadrante moi parecida:


Ademais, como Carmela tiña que facer unha descrición, el tamén se animou e fíxoa sobre o seu irmán Uxío:


Gústame moitísimo o ben que a fixo e como practica as minúsculas! 😀

Martín, outro dos pequenos que me envía cousiñas, tamén realizou a tarefa do nome de Van Gogh e fíxoa así de ben:


Ademais, comezou co mural deste artista...


... e doulle incluso tempo a facer problemas de matemáticas lendo el o enunciado e tendo que pensar que operación facer:




Finalmente, sinalar a Noa que, ao igual que moitos dos seus compañeiros, tamén comezou a facer algunha das actividades que vos comentara sobre Van Gogh. Concretamente, viu un vídeo sobre este artista e ademais fixo a tarefa das letras do seu nome así de ben:


Por último, mandoume a foto dos seus libros favoritos (xa que non era capaz de decidirse por un porque lle encantan todos 😍):



Seguide traballando todos así de ben! Estou encantadísima e orgullosísima de tervos como os meus alumnos/as e a vós, as familias, como as persoas coas que poder interaccionar e comunicarme, ao participar tan ben en todo o que se vos propón!

Un superbicazo para todos/as!!!

😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘







Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVAS ACTIVIDADES E TAREFAS DOS PEQUENOS/AS!

OS PEQUENOS E PEQUENAS SEGUEN TRABALLANDO UN MONTÓN!