COUSIÑAS QUE FORON FACENDO OS PEQUENOS/AS
Bos días familias,
A entrada de hoxe, como viña sendo habitual, é sobre as tarefiñas que van facendo os nenos/as.
Comezando esta vez polos maiores, sinalar a Martiño, o cal cumpriu 6 ANAZOS o luns! FELIZ CUMPREANOS! 😊
Este pequeno ademais de celebrar o seu cumpreanos cos seus irmáns, realizou múltiples actividades como...
... xogar a ser científicos inventando unha vacuna contra o coronavirus...
... cociñar en familia facendo rosquillas (que seguro estaban boísimas 😋)...
... observar os paxaros pondo o correspondente nome, a data e a hora a que os viu e o tempo que facía...
... facer manualidades como pintar ovos de pascua e unha bolboreta na tablet...
... escribir tanto empregando o encerado que ten, como co ordenador inventando unha historia dunha meiga...
... e relacionou letras maiúsculas con minúsculas:
Encántame todo o que me mandou máis o que me di que fai súa mamá pois tamén realiza actividades de matemáticas ABN (é o principal método que empregamos na clase) e le moito. 😍😍
Outra compañeira que tamén cumpriu anos esta semana foi Noa máis a súa irmá Lúa. FELIZ CUMPREANOS as dúas! 😊😊.
Ela contoume que estivo na casa de seu avó axudándolle a lavar o coche, xogar a oca, ver vídeos,... Ademais, díxome que lle regalaron moitos xoguetes e que a súa mamá lle fixo unha sorpresa decorando o cuarto de xogos con debuxos de LOL e globos e para Lúa fíxolle un photocall de Peppa Pig.
Outro neno dos maiores dos que recibín moitas cousiñas foi de Martín, o cal realizou actividades de matemáticas como as seguintes...

Tamén fixo varias fichas para traballar as partes do corpo e os animais...
Finalmente, realizou actividades de ordenar letras para formar palabras, traballo de minúsculas e está lendo un libro. Encántame todo o que fai e o ben que o realiza! 😍😍
Lucía, outra compañeira das maiores, tamén fixo múltiples actividades, sobre todo, de experimentar e pintar. Por exemplo, creou unha lámpada de lava con estes produtos:
Quedoulle así de ben...
Ademais, realizou un cadro de círculos concéntricos de Kandinsky...
... e fixo outro cadro empregando burbullas de cores.

... e xoga moito con estes xogos educativos que están xeniais! 😍
Laura, outra compañeira da súa idade, tamén realiza moitas actividades, entre elas o exercicio físico como patinar ou saltar na cama elástica:
Logo de gastar tanta enerxía, cociña receitas riquísimas 😋 coma esta:
Díxome ademais que fai varias actividades de escritura dos días da semana e dos meses, así como realiza listas de animais atendendo a súa alimentación ou a primeira letra do seu nome.
E que fai varias fichas para traballar as matemáticas, concretamente, as sumas e as decenas e unidades:
Unha grande amiga de Laura é Antía, que con motivo da Pascua, fixo unha decoración chulísima:
Ademais, como é toda unha lambona fixo un postre riquísimo!😋
Para rematar cos nenos/as de 5 anos, destacar a Álex, o cal segue traballando as letras minúsculas a través da escrita de animais, xa as fai case perfecto, a que si?
Ademais, continúa practicando as sumas e as restas...
... e como estábamos traballando a pintores, el tamén buscou un que ten como tema principal os animais e que se chama FRANZ MARC. Encántame que investigara sobre el!😍😍
Comezando agora cos nenos/as de 4 anos, sinalar en primeiro lugar a Sara, a cal, aínda que lle custa un pouquiño pórse está realizando moitas actividades como facer unhas galletas que seguro estaban riquísimas (outra pequena como o resto dos compañeiros/as que está feita toda unha lambona 😛).
A maiores disto, realizou varias actividades de matemáticas como a estimación con pinzas ou unha ficha con distintos exercicios:
Xunto a todo isto, fai bastantes manualidades como un bufo (que me encanta o ben que lle quedou 😊) e pinta con témperas, con cores,...

Finalmente, ensinoume que tamén fai actividades de lectura e escritura:
A súa mellor amiga Desi tamén está realizando moitas actividades como varias fichas para traballar as sumas e as restas ou a escrita dos números como podedes ver:
Ademais, segue aprendendo sobre os animais...
... e fai debuxos, así como o arco da vella para conmemorar o día do Autismo e outro en 3D xunto ao seu irmán Aitor:
A que fixo todo XENIAL? 😊
Pola súa banda, Cloe díxome que esta semana estivo pintando con témperas e fixo unha xoaniña e unha bolboreta. Ademais, viu Pippi Calzaslargas que lle gustou moito, disfrazouse, pintou a cara e xogou cos piratas. Xunto a isto, axudoulle a mamá e a papá coas cousiñas da casa e cuidou a Úrsula, seguro que o fixo como unha chica maior xa 😊.
Navia, a mellor amiga de Cloe, ao igual que os seus compañeiros/as ségueme mandando fotiños e contándome cousas superboas como que ao seu avó lle naceron catro pitiños moi bonitos:
Ela quería levalos para casa pero deuse de conta de que teñen que estar coa súa mamá galiña para quentalos.
Ademais, regaláronlle un libro de poemas de Rosalía de Castro e estaos aprendendo con súa avoa, o que máis lle gusta é Adeus ríos, adeus fontes.
Finalmente, coméntame que pintou ovos de pascua que lle quedaron xenial como podedes ver...
... e cociñou tortiñas de plátano con chocolate que teñen moi boa pinta!! 😍
Gabriel, outro neno de catro anos, tamén continúa realizando actividades de todo tipo, sobre todo, de aprendizaxe dos números...
... de motricidade,...
... de recoñecemento de letras...
... e de creatividade pintando.
Encántame todo o que está facendo e o ben que o realiza! 😍
Carlota, pola súa parte, dime súa mamá que esta semana xogou moitísimo con Mateo, axudou nas tarefas do fogar e estase volvendo toda unha profesional voando o dron de seu irmán.
Ademais, está facendo unha das actividades que máis lle gusta que é colorear, e como podedes ver encántalle e quédalle xenial todo 😍.

Xunto a isto, está traballando a escritura atendendo a letra de inicio das palabras e realiza sumas e restas complicadísimas.
Segue así de ben! 😉
Finalmente, destacar a Roi que tamén está traballando MOITÍSIMO, pois como me di súa nai está moi traballador. Algunha tarefa que fixo esta Semana Santa foi montar un quebracabezas complicadísimo xunto co seu irmán Xabier:
Ademais, xogou cos bloques de construción, a un memory,...
... escribiu o título dun libro que leu...
... fixo a silueta dun dinosaurio...
... e como tamén é un lambón 😋 puxo en práctica varias receitas:
Ademais, unha cousa moi importante da que non se esqueceu, foi a de realizar exercicio físico xogando ao tenis e lanzando a peonza:
Encántame o activo que está e a estreita relación que ten co seu irmán!! 😍😍
Para rematar, sinalarvos que estou encantadísima de que me vaiades mandando cousiñas para ver como van avanzando nas súas aprendizaxes!! E recordarvos que o importante é que aprendan xogando!
Ademais comentarvos que, como o 23 de abril é o día do Libro, dende o cole, propoñen que os nenos/as saquen unha foto tapando a cara coa portada do seu libro favorito, para logo montar un vídeo con todas as fotografías. Esperamos con moita ilusión as fotos de todos os nenos/as!!!
























































































Comentarios
Publicar un comentario