COMO CONTINÚAN TRABALLANDO OS COMPAÑEIROS/AS...

Bos días familias, 
Hoxe volvo a publicarvos algunhas tarefiñas dos nenos e nenas. Espero que vos gusten!

Comezando cos nenos e nenas máis pequenos da aula, sinalar a Roi, o cal continúa traballando moitísimo: practicou os animais en inglés (a profe Paula díxome que está contentísima con isto)...


... fixo actividades de escritura en minúsculas, dúas sopas de letras...



... e debuxou e pintou como un verdadeiro ARTISTA! 😍





Pola súa banda, o seu compañeiro Gabriel tampouco para de traballar e, neste caso, estivo practicando a relación cantidade grafía, fixo un debuxo dunha paisaxe SÚPER BONITO e relacionou varias letras co seu gomet correspondente.




Vístedes que ben fixo as actividades! ENCÁNTAME! 😊


Leo é outro dos nenos que está realizando múltiples actividades. Neste caso, realizou problemas matemáticos bastante difíciles pero XENIAL! 😍





Ademais, ao igual que Roi practicou inglés...


... afondou na aprendizaxe dos animais creando dúas listas: unha de animais de 2 patas e outra de 4, con isto, practicou tamén a escritura... 


... e finalmente como é moi lambón elaborou unha receita, concretamente, unha tarta que ten unha pinta ESPECTACULAR! 😋


Outra compañeira da súa idade, Navia, tamén me continúa mandando actividades que fai ela vendo o que eu poño no blog. Algunhas das que fixo foron:

- Crear un abecedario con materiais que atopou na casa.


- Realizar actividades de matemáticas de estimación.


- Mirar pola ventá e escribir o que vía atendendo a unha letra.


- Debuxar unha xoaniña (coa axuda do seu avó) con todos os seus detalles.


Estao facendo PERFECTO! 😍


Empezando xa polos maiores, Martiño envíame todos os días unha tarefiña que vai facendo e encántame porque así podo ver que todos os días realiza unha actividade e que as fai XENIAL!
Estes días estivo realizando varias actividades plásticas como as seguintes:



A que lle quedou xenial a ra e o ratiño? 😍 Tamén estivo realizando problemas de matemáticas e actividades de anterior e posterior:



Antón, ao igual que o seu amigo Martiño, estivo practicando cos números, concretamente, as sumas e as restas axudándose dunhas pezas de construción. Estou super contenta co ben que está traballando 😊.


Outro dos nenos que tamén está levando a cabo actividades matemáticas é Adrián Lago, que como podedes ver nesta imaxe fai problemas e sumas:



Ademais, axudoulle a mamá e a papá a facer a compra elaborando el a lista para que non se esqueceran de comprar nada. Está traballando a escritura XENIAL e de maneira significativa 😀.



Lucía, por outro lado, repasa as matemáticas empregando o recurso de Smartick...


... pero tamén facendo restas:


Ademais, creou unha familia de bufos...



... e está elaborando un ovo de pascua. Esperemos ver pronto unha foto do resultado! 😍



Finalmente, destacar a Álex que, ao mesmo que Lucía, está usando o Smartick para facer operacións matemáticas. Ademais, traballou moitísimo os animais e as letras minúsculas creando tres listas: de animais vivíparos, ovíparos e omnívoros. Xa fai case PERFECTAS as minúsculas. XENIAL! 😍




Espero que vos servira para coller novas ideas... E recordade que para a semana é Semana Santa e, por tanto, aos pequenos/as tocáballes vacacións polo que a XOGAR AÍNDA MÁIS e a DESFRUTAR EN FAMILIA!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVAS ACTIVIDADES E TAREFAS DOS PEQUENOS/AS!

OS PEQUENOS E PEQUENAS SEGUEN TRABALLANDO UN MONTÓN!