NOVO RETO E TAREFIÑAS!

Bos días familias, 

Que tal van os pequenos/as? Notásteslle algún cambio ao poder saír xa da casa? Están máis animados?

O RETO que vos propoño hoxe é facer unha receita de cociña cun ingrediente que non probárades nunca ou que tomárades poucas veces. Durante esta, fixádevos nos ingredientes, nas cantidades,... Algunha das comidas que podedes elaborar son batidos de froitas, postres, axudar a realizar o xantar, a cea,...
Logo, podedes mandarme unha fotiño para compartila cos vosos compañeiros/as e a escrita do seu título.

Hoxe tócavos ser COCIÑEIROS/AS! 

Resultado de imagen para dibujos de cocineros | Dibujos de ...
Con respecto xa ás tarefas dos pequenos/as, vou comezar con Martiño, o cal onte fixo na súa rutina diaria varias tarefiñas:

- Lectura e resolución manipulativa dos problemas que mandei:


- Escritura dos títulos dos contos das adiviñas:


- Realización dalgunha fichiña de matemáticas ABN.



Ademais e aproveitando o seu paseo diario, xogou ao vexo vexo de "por que letriña".

Con respecto a hoxe, continuou traballando matemáticas a través do método ABN...


... e comezou a buscar información sobre as obras de Van Gogh escribindo o título dalgúns dos seus principais cadros:


Encántame! Segue así de ben! 😍

Pola súa banda, Lucía tamén continúa facendo cousiñas de Vincent Van Gogh, entre elas, vai avanzando na creación do seu mural:


Ademais, ao igual que Martiño, fixo os problemas que propuxen...



... e está realizando fichas de matemáticas ABN:




Outras actividades de mates que fai é co bicharraco (como traballábamos na aula) e realizando sumas:




A parte de todo isto, realiza moitas outras actividades como cociñar, plantar unha planta que xa lle creceu un montón, pintar coa aplicación Quiver, facer sopas de letras, ler, realizar a actividade de plástica proposta polo mestre Dani e debuxar o gato do conto de inglés que subiu Paula,... e moitas outras cousas! 









Está traballando un montón! 😊

Para rematar cos pequenos/as de hoxe, sinalar a Gabriel que tamén realiza moitísimas actividades, como traballar as vogais:




Ademais, le un ou dous contos todos os días e pinta un montón facéndoo xenial 😍:



Finalmente, recordarvos en relación a actividade de Lucía que fixo do debuxo do gato, que a mestra Paula creou un blog chamado Manolito the cat, onde sube moitas cancións para traballar vocabulario, hai un conto contado por Matt, un enlace a unha páxina web onde aparecen cancións, vídeos e contos,...
O seu enlace para infantil é:


MOITÍÍÍÍSIMAS APERTAS E BICOS!!!

😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘






Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVAS ACTIVIDADES E TAREFAS DOS PEQUENOS/AS!

OS PEQUENOS E PEQUENAS SEGUEN TRABALLANDO UN MONTÓN!