NOVAS ACTIVIDADES E TAREFAS DOS PEQUENOS/AS!

Bos días familias,

Que tal? Onte fóstedes dar o primeiro paseo cos pequenos/as despois de tanto tempo? Espero que si e que gozárades moito con el 😊.

Hoxe, o reto que vos propoño son dúas pequenas actividades:

- Xogar a buscar formas coas nubes aproveitando o paseo, coma estas:

nubes con formas extrañas - Imágenes en Taringa!

Nubes de formas curiosas – Nuestroclima

- Dar saltos cada certa cantidade de pasos, por exemplo, cada cinco, logo cada dez,... e así sucesivamente aumentando.


Por outra banda, como ides con Van Gogh e a súa investigación? Envíovos un pequeno vídeo que fala del e da súa técnica artística:

https://www.youtube.com/watch?v=N7DHaAqfKwE

Comezando xa coas tarefas dos pequenos/as, Roi estívome mandando bastantes cousiñas de diferente tipo, como traballar os números co cadrante, escribindo a cantidade sinalada (era superdifícil e fíxoo xenial 😊) ou con algunha fichiña:




Ao igual que os números, tamén realiza moitas actividades de lectoescritura como...

... traballar o abecedario facendo as letras con plastilina... 


... realizar actividades das iniciais das palabras...



... e repasar as letras maiúsculas e minúsculas:



Xunto a isto, tamén fai moitas outras tarefas como axudar na casa a cociñar pelando os ovos cocidos, crear un mural, debuxar a portada dun conto que liu, facer a actividade proposta por Dani da ventá ou xogar coa plastilina:







Finalmente, comezou cunha das actividades de Van Gogh:


A que fixo moitísimas cousas esta semana? Encántame que traballe así de ben! 😍

Outra compañeira da mesma idade de Roi é Desiree, que tamén me mandou bastantes cousiñas das tarefas escolares que foi facendo. Entre elas, están:

- Realizar sumas, restas, asociación da cantidade e grafía,...:







- Relacionar as letras maiúsculas coas minúsculas, asociar palabras coas letras iniciais, practicar a escritura de varias letras,...:








- Compoñer crebacabezas:


- Recoñecer os mamíferos, aves e peixes:


- Comezar coas tarefas de Van Gogh, como é coa actividade das letras do seu nome:


Finalmente, fixo un biscoito para os compañeiros/as de traballo da súa mamá e díxome un paxariño que o comeron todo do rico que estaba 😋. Xenial!



Verdade que tamén traballou moitísimo? Encántame e que siga así de ben!! 😊

A mellor amiga de Desi é Sara que tamén está traballando un montón. Coma outros dos seus compañeiros, fixo a actividade do nome de Van Gogh:


Ademais, está traballando a relación entre as maiúsculas e minúsculas, as sumas, as series, así como as cores en inglés:





Finalmente, mandoume unha foto dun libro personalizable que está a colorear (tendes o enlace ao final da publicación) e unha receita caseira que ten moi boa pinta 😋. Unha supertarta!



Para rematar cos pequenos/as de 4 anos, sinalar a Carlota que tamén está realizando tarefas pero ela con dous libriños: un de lóxica-matemática e outro de sumas. Algunhas das actividades que fixo foi:












Traballa un montón! 😀

Comezando cos nenos/as de 5 anos, sinalar a Noa, que me encanta o ben que está traballando. Concretamente, está facendo fichas de lectura cos libros que está lendo. Encántame a idea! 😍



Xunto a isto, tamén está creando debuxos con acuarelas...


... e fixo unha lasaña que ten unha superpintaza! 😋



Para rematar con esta pequena, e coma todos os nenos/as, onte xa puido dar o seu primeiro paseo e foi ata a praíña con Lúa. Pasárono xenial! 😍


Pola súa banda, Lucía, fixo varias actividades de matemáticas, que se lle dan xenial, a que si? 😀





Ademais contoume súa nai que estiveron vendo Clan e colleron varias ideas como crear un volcán submarino e un peto reciclando unha botella. Tamén, viu o vídeo que enviou Paula, a profe de inglés, xogou as damas e viu Aladín. 

A última das nenas de hoxe é Laura, que tamén está realizando moitas tarefiñas, algunha das cales son un pouco complicadas de máis, polo que o importante é ir segundo o nivel do pequeno/a e pouco a pouco. 
Por exemplo, xoga a oca traballando así as sumas e a subitización, a espera da quenda, o cumprimento das regras,...


... fai crebacabezas para aprender sobre o corpo humano...


... e realiza sumas (un pouquiño complicadas):


Finalmente, tamén le libros, fai encrucillados, traballa as letras minúsculas...




... e afonda un pouquiño máis no coñecemento dos animais:


Traballa xenial 😍

Gústame moitísimo que traballedes tanto e espero que gocedes moito cos paseos! 

Sinalarvos tamén que o conto para colorear personalizable mandoumo a mamá de Martiño, a cal estou superagradecida con todas as ideas que me envía.

Dito enlace é:


Seguro que nos vemos dentro de pouquiño!

19 bicazos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

OS PEQUENOS E PEQUENAS SEGUEN TRABALLANDO UN MONTÓN!