DÍA DO AUTISMO
Bos días familias (outra vez 😊),
Esta entrada é moito máis breve do normal e a súa finalidade é para comentarvos que mañá é o Día do Autismo, polo que dende o departamento de orientación do centro, suxeriron conmemorar esta data pintando un arco da vella co símbolo do autismo ou debuxalo directamente os pequenos/as. Logo deberían colgalo na ventá ou cara o exterior para que se poida ver. Adxúntovos o enlace:
Ademais, nesta dirección aparecen diferentes vídeos e contos para tratar este tema, así como outras moitas actividades como os pasos para elaborar un batido, propostas para practicar os sopros, sesións de actividade física, un conto para explicar o coronavirus aos nenos/as,... Debido a isto, suxeriríavos que tamén o miredes de vez en cando para poder ir vendo as novidades.
Nós xa participamos na proposta, vós animádesvos?


Comentarios
Publicar un comentario