MOITÍSIMAS GRAZAS E NOVAS TAREFAS!
Bos días familias,
Que tal? Como van eses ánimos? Hai que pensar que cada día queda menos. 😀
En primeiro lugar, quería dicirvos que estou superorgullosa tanto dos pequenos/as porque son uns heroes e heroínas aguantando esta situación tan ben, como de vós, as familias que teño na aula, por participar tanto nas actividades que propoño e no blog. Moitísimas grazas de verdade!!
Hoxe comezo con Martiño, o cal me di a súa mamá que ten unha rutina diaria: unha lectura, unha ficha de letras minúsculas e unha ou dúas fichas de matemáticas ABN. Destacarvos a importancia dela para que os nenos/as teñan un marco seguro sobre o cal moverse podendo saber que hai que realizar en cada momento. Isto ademais axudará a que cando regresemos á escola siga coa rutina do traballo escolar diario.
Ensínovos algunha tarefiña feitas por este pequeno como é o traballo das minúsculas a través dun xogo da tablet:
Ademais, Martiño quixo participar na proposta sobre o día do Libro (recordade que era mandar unha foto do neno/a coa cara tapada co seu libro favorito), elixindo como o seu preferido: A noite das mudanzas, conto que lemos moitas veces na aula e que lle gusta moito aos pequenos/as 😍.
Pola súa banda, Martín viu un experimento en Clan e púxoo en práctica. Este consistiu en facer cachiños de papel e logo aproveitando a electricidade estática collelos cun globo.
Quedou alucinado! 😲
Un dos mellores amigos de Martín, Adrián Lago, tamén continúa mandándome cousiñas que vai facendo como é xogar ao dominó en familia (encántame que pasedes o tempo xogando todos xuntos 😍):
Xunto a isto, realiza actividades de lectura e escritura, así como de matemáticas como é a realización dun cadrante do 100:
Gabriel tamén me sigue mandando cousiñas que vai facendo, aínda que cada vez estea máis canso (só un último empurrón que xa queda menos! 😊). Algunha actividade que fixo foi de números e de letras:
Para rematar, sinalar a Adrián Otero que realiza actividades moi diversas para traballar distintos contidos. Por exemplo, realiza actividades de inglés...
... de matemáticas a través de tapóns, en inglés...
... e de relacionar maiúsculas con minúsculas:
Tamén fai manualidades como estes animais tan bonitos...
... decora ovos de pascua...
... ou debuxa e pinta o arco da vella para animarnos.
Finalmente e como todos os pequenos/as da nosa clase que son moi lambóns, el fixo unhas magdalenas que teñen unha pinta exquisita (eu tamén quero! 😋).
Seguide traballando así de ben todos!
19 bicazos e apertas!















Comentarios
Publicar un comentario