COMO VAN OS PEQUENOS/AS FACENDO AS COUSIÑAS...
Bos días familias!
Que tal? Comezástedes todos a presentarlle aos nenos/as a Vincent Van Gogh? Gustoulles? Espero que si e que estean super interesados! Hoxe xa vos ensino algunha das investigacións feitas.
Comezando coas tarefas que me ides mandando cada día, Leo esta pasada semana traballou moitísimo e fixo un montón de actividades. Por exemplo, realiza exercicios de sumar, de restar, así como traballa outros conceptos lóxico-matemáticos...
... repasa e aprende os números e algúns animais en inglés...
...ve os documentais sobre os animais que vos sinalei, crea varios coa silueta da súa man, afonda un pouquiño máis neles cun libro en inglés...
... e creou un superheroe! Airoflecha!
Encántanme todas as actividades que fixo, sobre todo, ese superheroe tan chulo!! 😍
Gabriel, outro dos pequenos de catro anos, continúa desenvolvendo actividades de matemáticas como relacionar a cantidade coa grafía a través de gomets:
Ademais, está practicando as letras minúsculas...
... e realiza exercicios de motricidade fina e pinta a Patrulla Canina:
Encántame o ben que está traballando! 😍
Outro dos pequenos que tamén me vai enviando cousiñas é Adrián Otero que tivo unha idea xenial para traballar a relación entre as letras maiúsculas e minúsculas: a través de bloques de construción, encántame! 😊

Así mesmo, estivo realizando uns cadros que lle quedaron chulísimos... A que si?
Finalmente, mandoume dúas fotiños cos seus libros favoritos para conmemorar o día do Libro:
Para rematar cos nenos/as de 4 anos, sinalar a Navia, que tamén realiza actividades de todo tipo, como ler. Para elo, o seu libro favorito estes días é:
Ademais, está empregando un libro para facer actividades diversas:
Xunto a todo isto, tamén está pintando distintos debuxos como este que lle quedou xenial 😍:
E como é moi lambona tamén elabora receitas como unha tarta de mazá que ten unha pinta riquísima... eu quería un cachiño 😋:
Finalmente, dime que tamén fai ximnasia e que baila moitííísimo.

Pola súa banda, Martiño tamén me enviou fotos da súa rutina diaria: unha lectura, unha ficha de minúsculas e unha folla de matemáticas. Ademais, pintou unha mandala de peixes que lle quedou xenial!!! Estou contentísima con esa rutina! 😊

Así mesmo, xa comezou a traballar a Van Gogh, mirando algún dos seus cadros e descubrindo que a súa cor favorita era o amarelo, ao igual que tamén é a de Martiño.
Tamén fixo unha ficha pondo algúns datos básicos que foi atopando na investigación:
Tamén, atopou unha canción deste artista no que aparecen algúns dos seus feitos:
Finalmente, fixo a actividade de debuxar proxectando sombras, concretamente, debuxou unha vaca que é o animal favorito do seu irmán Uxío.
Seguro que o fixo xenial e que lle encantou 😍.
Unha compañeira da mesma idade de Martiño, Noa, tamén me enviou varias cousiñas que foi facendo, algunhas das cales son interesantííííísimas! Por exemplo, como estamos traballando os animais, fixo unha investigación sobre os anfibios e o ciclo da ra...
Ademais, continúa desenvolvendo actividades de matemáticas...
... de debuxo...
... e xoga moito coa súa irmá Lúa na casiña que crearon con cartón! Encántame!😍
Pola súa banda, Lucía mandoume o seu libro favorito:
Ademais, como ve Clan, fixo un experimento que observara neste canal e que foi o disco de Newton. Este consiste en facer un círculos con cores e que ao xirar se mesturen estes formando a cor branca:
Ademais, creou unha marioneta dun cabalo...
... e como é unha lambona tamén unhas galletas que teñen unha pinta riquísima 😋:
Para rematar, contoume que, xunto a todo isto, fai sumas e comezou a investigar sobre Van Gogh.
O último neno que me mandou cousiñas foi Álex que está empregando un libriño para traballar as sumas e as restas, así como as letras minúsculas:

Encántame que vaia traballando así de ben 😊.
Para rematar esta entrada, recordarvos que me gusta moito que me enviedes cousiñas dos pequenos/as, porque así podo ir vendo a súa evolución. Ademais, volvervos a dicir que o máis importante de todo non é facer montóns e montóns de tarefas, senón que cada día unhas pouquiñas e a poder ser manipulativas e significativas como facer unha receita e escribila, medirnos e compararnos con outras cousas que haxa pola casa ou con persoas e pasalo a papel, mirar pola ventá o tempo atmosférico e rexistralo no calendario diario,...
Ademais, outra actividade que vos comentei é a investigación sobre a vida de Van Gogh que está na entrada anterior, traballar o seu nome, a súa descrición física,...
Unha morea de bicos e apertas!
Bótovos moitísimo de menos e teño moitas de ganas de vervos aparecer outra vez pola aula!

Comentarios
Publicar un comentario