NOVAS COUSIÑAS
Bos días familias,
Comentarvos que a partir de agora cando suba as tarefas que me van mandando os pequenos/as, vou pór tamén algún pequeno reto como un problema matemático, unha adiviña ou preguntas varias.
O reto de hoxe é responder a estes dous problemas matemáticos atendendo ao nivel de cada neno/a:
Onte fun ao supermercado e comprei 9 biscoitos. Se hoxe pola mañá me comín 4, cantos me quedan? e se volvo a comprar 10 máis? (co seu desenvolvemento realizamos a operación de sumar e restar).
María ten 24 caramelos e quere repartilos entre os seus dous amigos. Cantos lles dá a cada un deles? Sóbralle algún? (a través deste problema traballamos a división e os números pares e impares ao ver que ao repartir entre dous, neste caso, non sobra ningún, pero outras veces con outras cantidades, si).
É importante ademais que estes se realicen de maneira manipulativa, sobre todo, o segundo pola súa dificultade para traballar a repartición. De todas formas, seguro que os facedes xenial! 😍😍
Comezando agora coas tarefas que me ides enviando, Leo mandoume moitas actividades que foi facendo ao longo desta semana. A través delas, como podedes ver traballou matemáticas, inglés, os continentes e océanos, así como a lectura:
Ademais disto, empezou coas propostas de Van Gogh, facendo a actividade do seu nome, unha descrición, así como un debuxo del:
Encántame que traballe tanto e así de ben. Segue así! 😊
Pola súa banda, Martiño mandoume o que fixo hoxe máis onte. Concretamente, realizou actividades de matemáticas como traballar co cadrante, coa cruz que realizabamos na aula identificando os números anteriores, posteriores, engadindo unha decena e quitando outra, así como fixo varias fichas de matemáticas ABN.
A maiores disto, axudou na casa facendo a lista da compra da libraría, fíxoo xenial...
... e descargou un libro personalizable para pintalo:
Finalmente, comentoume que lle gustou moito o vídeo que vos mandei e fixo un debuxo en relación a este:
Encántame 😍.
Outro neno dos maiores é Álex que tamén realizou moitas tarefiñas esta semana:
Realizou problemas de matemáticas a través dunha fichiña...
... pero tamén xogou ao Monopoly Junior! Xenial! A través del, traballou as sumas, as restas, a subitización,... e incluso a lectura, a espera da quenda, as regras! 😍
A maiores, fixo algunha actividade de formar palabras e liu un libro creando despois un debuxo deste:
Finalmente, realizou unha das propostas de Van Gogh como era a do nome,...
...fixo varias manualidades e tarefas que vos fun presentando como a da sombra...
... e practicou algúns conceptos de inglés como son os días da semana:
Encántanme as manualidades, sobre todo, a das huellas dactilares! Quedoulle un debuxo moi creativo! 😊
Para rematar, sinalar a Lucía que tamén me vai enviando fotos todos os días. Algunha delas é sobre o ben que o pasa pintándolle a cara a súa nai e sendo ela mesma pintada por súa nai. Están as dúas guapísimas! 😍😍
Ademais disto, fai exercicios tamén de inglés repasando as estacións e facendo o correspondente debuxo...
... así como practica matemáticas de múltiples formas como facendo sumas, traballando co cadrante do 100 ou con algunha fichiña ABN:
Ademais, mandoume unha fotiño xogando ás damas, encántame que xoguedes a xogos de mesa que vos fagan pensar, traballar a orientación espacial,... 😍
... e as solucións as adiviñas de onte escribindo ela os títulos! 😍
Adiviñástedes todas? Seguramente que si porque son libros que lemos bastantes veces na aula 😊
Mándovos un montón de bicos para todos e todas!!!

































Comentarios
Publicar un comentario