NOVAS DAS TAREFAS DOS PEQUENOS/AS
Bos días familias,
Hoxe volvo a enviarvos actividades que me mandan os pequenos/as para que poidades ir collendo ideas, que os nenos/as vexan tarefas dos seus compañeiros/as, que se motiven,...

Ademais, axudou a facer unhas empanadillas que teñen unha pinta boísima e realizou actividades de escritura e motricidade.
Outra nena que me continúa mandando cousiñas súper BEN realizadas é Navia, que, neste caso, trátase de problemas de matemáticas relacionados cos ovos (vai todos os días coller os ovós con seu avó ao galiñeiro) e unha sopa de letras. Está perfecto! 😍
Realizou tamén un debuxo da súa madriña e máis dela paseando e unha manualidade creando rodaballos con pratos de cartón.

Sinalar que ademais axudou a elaborar empanadillas, ao igual que Leo (que lambóns! 😋) e contoume que le o libro Mamá tengo un monstruo en la cabeza para xestionar as emocións, tan importante no momento actual, e El pez arcoiris e xoga ao parchís. XENIAL!
A súa compañeira Lucía segue traballando igual de ben ca ela. Neste caso, fixo unha lista de animais carnívoros en maiúsculas e minúsculas. Ademais, realizou moitísimas sumas dificilísimas pero MOI BEN! 😁 (para algunha delas axudouse do ábaco).
A súa mamá contoume tamén que transplantaron dúas roseiras, prantaron varias flores, practican máis matemáticas co Smartick e fan manualidades escoitando música na radio. Fai moitísimo!
Pola súa banda, Laura realiza actividades de todo tipo, como afondar nos animais escribindo unha lista de herbívoros e carnívoros, escribindo sobre o seu animal favorito que é o loro, debuxando en ourizo,...
Ademais, está practicando as letras minúsculas...
... e realizando actividades de matemáticas e manualidades.
Encántame que estea traballando TAN BEN! 😍
Roi é outro dos nenos que tamén fai tarefas de moitas cousas diferentes como podedes ver nestas imaxes:
Practicou as sumas e as restas (dánselle XENIAL as operacións matemáticas)...
... escribiu sobre el, sobre contos e sobre como se sente...
... leu en familia...
... e fixo MOITÍSIMAS outras actividades: sopas de letras, actividade física, un sobre dos seus especiais, pintou! Traballou un montón estes días! 😀
Gabriel, ao igual que os seus compañeiros, realizou actividades de matemáticas empregando tapóns (seguro que o fixo PERFECTO):
Ademais, escribiu cunha pequena axuda de mamá sobre o seu animal favorito que é o golfiño e pintou un cadro de Joan Miró. Quedoulle xenial!
Finalmente e, como tamén é moi lambón, axudou a elaborar un biscoito e unhas galletas xunto a seu irmán Manuel. Seguro que estaban riquísimas!!! (e eu sen poder probalas 😞).
Noa, pola súa banda, realizou unha pequena investigación sobre a vaca e logo plasmouna nun tríptico como o seguinte practicando as minúsculas e a escritura de textos. Esta actividade serviulle para identificar as partes da vaca, algunhas características e que podemos obter os humanos deste animal. Paréceme unha tarefa súper BEN feita!!! 😍
Ademais disto, debuxou os personaxes dun conto que leu e pintou un debuxo que logo se ve en tres dimensións a través dunha aplicación para o móbil.
Para rematar esta entrada, sinalar o traballo de Martiño, o cal tamén está realizando moitas tarefas en compañía da súa irmá Carmela e Uxío. Neste caso, traballou a descomposición con regletas...
... e con moita imaxinación construíu unha "cabaseira" con caixas de cartón que lle quedou XENIAL e un regalo para o seu papá que hoxe é o seu cumpreanos. FELICIDADES!
* Comentarvos ademais, por se a queredes descargar, que a aplicación que empregou Noa para representar en 3D o debuxado é QUIVER- 3D.
Para o seu emprego, primeiro tendes que descargala, logo elixir o debuxo, imprimilo, pintalo e finalmente ler o código QR do folio.
Na aula, utilizáramolo unha vez para pintar un boneco de neve e un pingüín e aos pequenos/as gustoulles moito ver o resultado do pintado a través do teléfono.
Espero que me sigades mandando cousiñas tan boas!!
Un superbicazo!








































Comentarios
Publicar un comentario