ÚLTIMAS TAREFAS E A DESCANSAR!

Bos días familias, 

Esta entrada é a única que vou a realizar durante esta semana, xa que os pequenos/as están de vacacións de Semana Santa polo que se deberían relaxar máis con respecto ás tarefas, aínda que sigan facendo cousas coas que sempre se aprende como ler contos, axudar a cociñar contando alimentos, observar o que pasa o noso arredor, relacionarse coa familia, resolver conflitos, xogar,...

Dita publicación ten como obxectivo presentarvos as actividades que me mandaron algúns nenos/as durante este fin de semana.

Comezando pola primeira delas, resaltar a Antía que me mandou o arco da vella para conmemorar o día do Autismo:


Quedoulle xenial 😍.

Outra compañeira da aula que tamén me mandou o seu arco da vella foi Lucía, que segue traballando un montón:


A que é un arco da vella diferente pero súper BONITO e ORIXINAL? 😊.

Ademais disto, rematou o ovo de pascua que creou e fixo un cadro de Joan Miró (coa axuda da súa mamá que llo debuxou). Está feita toda unha artista!



Outras actividades que levou a cabo foi facer un cadro con papel de burbullas e coas mans, practicar origami creando distintos animais, debuxar uns raposos e facer unha lista de palabras co que ve dende a súa ventá:





Finalmente e como está feita toda unha chef axudoulle a mamá a facer unhas boliñas de patata con atún e unhas minimagdalenas (vestida co seu disfrace favorito, que é o de Elsa, co que tamén salta na súa cama elástica). Seguro que estaba riquísimo todo!!! 😋




Adrián Lago, outro neno da súa idade, tamén realiza moitas tarefas como unha sopa de letras co editor que vos compartira:




Tamén fixo un debuxo para min que me encanta 😍:


Finalmente, destacar a Cloe que tamén me mandou moitas cousiñas que estivo facendo esta semana. Algunhas delas foi realizar debuxos con acuarelas...





... representarse unha araña, crear unha casa e un tigre con plastilina...




...escribir sobre o seu animal favorito que é o tigre...



... repasar os números e as decenas, así como as palabras escribindo sobre o que ve dende a súa ventá...



... e facer origami creando distintos animais decorándoos despois:




A que vos encanta todo o que fixo? A min MOITÍSIMO 😍. Ademais, le contos, marca os días no calendario e axúdalle a mamá e a papá coas tarefas do fogar. Estou súper contenta con todo o que fai e o ben que o pon en práctica!! 

Para rematar, sinalar que esta semana tócalles descanso aos pequenos/as para empezar para a semana coas pilas cargadísimas!!! 


Unha superaperta aos meus 19 pequenos/as!!!





Comentarios

Publicacións populares deste blog

RETO DIARIO E TAREFIÑAS

NOVAS ACTIVIDADES E TAREFAS DOS PEQUENOS/AS!

OS PEQUENOS E PEQUENAS SEGUEN TRABALLANDO UN MONTÓN!