NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS
Bos días familias,
Que tal? Como vas os pequenos/as? Polo que me comentades e vou vendo, cada vez hai menos ganiñas de facer tarefas da escola e menos con esta calor. É normal! Unicamente, vos pediría que mantiverades, se podedes, claro, unha pequeniña rutina diaria, aínda que sexa só de vinte minutiños. Entendo que é complicado porque esta situación é nova para vós e para os pequenos/as, que non están acostumados a realizar tantas actividades na casa e que con este tempo só pensan en xogar. Se podedes, realizade algún reto, lede un conto pola noite, contade pedriñas pola praia,... todo de forma moi manipulativa e a través do xogo!
Atendendo ao RETO de hoxe, este é súper sinxelo e ademais súper útil porque pode quedar como xogo de mesa. Consiste nun memory e realízase de maneira moi fácil e empregando moi poucos materiais: só se precisa cartón, tesoiras e rotuladores.
A súa elaboración é...
1º Fanse dous cadrados de cartón do mesmo tamaño.
2º Un dos cadrados recortados divídese en máis cadrados de menor tamaño (como casillas).
3º Fanse os debuxos por parellas.
4º A xogar!
Ensínovos un exemplo...
Gústavos? Agora tócavos a vós!😀
Con respecto ás TAREFIÑAS, hoxe comezo por Lucía, a cal fixo onte o reto do dominó realizando dous camiños diferentes:
Custoulle un pouquiño pero fíxoo xenial! 😍
Outro neno da mesma idade e que tamén realizou varios dos retos que propuxen é Martín, que fixo o reto do nome cos obxectos escribindo ademais os que empregou...
... e o das brochetas de formas, quedándolle de marabilla:
Encántanme os dous retos que levou a práctica! 😍
Outra pequena que tamén realizou un dos retos propostos foi Noa, que fixo así de ben o reto do dominó:
Ademais deste reto, pintou un cadro de Van Gogh e logo tivo que adiviñar o seu título e escribilo:
Quedoulle xenial, verdade? Finalmente, comentoume que todos estes días vai á praia e o pasa de marabilla: xogando a facer formas coa area e nadando! Encántame! 😀
Para rematar por hoxe, sinalar a Martiño, que tamén desenvolveu un reto, concretamente, o que vos mandei onte da brocheta de formas (ao igual que Martín):
Fíxoo súper ben, verdade? Sabedes por que empregou tanta cor amarela? Pois porque é a súa cor favorita e dicía que eran alimentos desa cor como os espaguetis, os pementos amarelos e as patacas. Encántame! Canta creatividade! 😊
Ademais disto, continuou coa súa rutina diaria de realizar algunha fichiña de matemáticas, neste caso, de reparticións...
... e leu e escribiu o conto 4 de Bubela:
Gústanme un montón as tarefas que fixo! 😍
Para rematar por hoxe, dicirvos que sigades así de ben!
UN SUPERBICAZO!









Comentarios
Publicar un comentario