NOVO RETO E TAREFIÑAS
Bos días familias, Que tal? Foron os pequenos/as onte á praia? E pasear? Espero que esteades todos xenial! 😊 Hoxe, o RETO que vos propoño, ao igual que o de onte, é de atención e memoria. Este consiste en colocar varias figuras nun folio fixándote na súa forma e na súa cor. A continuación, telo que verbalizar e memorizar para logo intentar debuxalas nun papel. Para realizar esta actividade comeza con figuras da mesma cor e forma, para pouco a pouco ir introducindo combinacións de atributos. Preséntovos varios exemplos de como ir avanzando na presentación das figuras: Atendendo xa ás TAREFIÑAS dos pequenos/as, hoxe comezo por Lucía , quen me mandou un montón de actividades que fixo estes días, como o reto da brocheta de formas, que lle quedou xenial 😊: Ademais disto, seguiu afondando nas plantas realizando distintas actividades: Outra actividade que tamén realizou foi o das simetrías: Finalmente, fixo varias actividades escritas para trab