NOVO RETO CON VÍDEO E TAREFAS!

Bos días familias, 

Que tal? Como van eses retos que vos propoño? Gústalles aos pequenos/as? 

Hoxe o RETO que vos presento é moi sinxelo e é de psicomotricidade. Consiste en que cando saiades a pasear ou senón na casa, fagades un circuito, como facíamos nós. Por exemplo, ir ata un punto determinado correndo, logo dar cinco saltos nun círculo que marquedes (con xiz, con pedriñas, con follas, cun aro,...), a continuación ir a pata coxa ata un novo punto, subir, baixar,... Todo o que se vos ocurrira, estará ben sempre que sexan movementos!
Eu ensínovos o meu por se vos serve de axuda 😊:


Atendendo xa ás TAREFAS dos pequenos/as, hoxe comezo con Álex, o cal me mandou un montón de actividades que estivo facendo. Entre elas, están as manualidades, como unha bolboreta, un pompón e un portalapis. Quedoulle xenial todo!






Outra manualidade que puxo en práctica foi representar o cadro de Van Gogh: "Almendro en flor" con plastilina. Está xenial! 😍


Ademais disto, estivo xogando a oca, ao Uno e ao dominó. Aprende un montón de aspectos lóxico matemáticos con estes xogos de mesa... 


... así como fixo o bicharraco e algunha fichiña de números!





A maiores, estivo practicando as minúsculas...


... e a comprensión lectora:


Por outra banda, tamén avanzou na adquisición de vocabulario de inglés cunhas tarxetas (coas dos números realizou un cadrante do 100, xenial!):



Finalmente, mandoume un dos retos que vos propuxera e que era o de inventar unha historia mesturando personaxes doutros contos. Fíxoa xenial (con portada incluída):



Traballou un montón, verdade? 😍 Pois, dalle tempo incluso a saír todos os días a pasear, a xogar ao fútbol, na colchoneta, co seu irmán pequeno Lucas,... Segue así de ben! 😊

Un gran amigo de Álex é Martín que tamén me mandou algunha tarefiña como o avance que lle vai dando ao seu mural de Van Gogh. Xa non lle queda moito (agora está engadindo as súas obras) e quédalle así de ben 😍:


A maiores, está paseando un montón indo, entre outros sitios, a praia bañándose nas pozas ou facendo equilibrios na madeira do paseo:


Seguro que o pasou xenial! 😊

Atendendo a outra pequena da mesma idade, Lucía tamén me manda un montón de fotografías, entre as cales, está da flora e da fauna que ve ao pasear:








Está feita toda unha fotógrafa, a que si? 😍 Pois, xunto con isto, buscou como se chamaban algunhas flores en inglés aprendendo así novo vocabulario. 

Ademais, fixo unha manualidade de prismáticos que lle quedou xenial:




Finalmente, realizou algunha actividade escrita como é o calendario deste mes, un cadrante ata o 100 ou facer oracións ordenando as palabras dadas:




Traballou un montón!😀

Para rematar, sinalar a Martiño, que a maiores da súa rutina diaria, está elaborando un cadrante do 100 co reto que vos propuxera de buscar números pola casa. Estalle quedando así de ben 😍:



Ademais desta actividade, está sumando decenas axudándose coa táboa do 100...


... e fixo un cadro empregando cunchiñas que colleu onte na praia. Quedoulle de marabilla!😍


Finalmente, contoume que vai pasear todos os días! Segue así de ben! 😊

Encántame que traballedes todos e todas tan ben!



MOITÍSIMAS APERTAS!!!

Pegatina de vinilo infantil abrazo perro y gato - TenVinilo

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS