RETO E TAREFIÑAS!
Bos días familias,
Fixéstedes onte o reto? Avanzástedes algo máis nas plantas? E no cadro Os xirasois?
Hoxe, o RETO que vos propoño tamén é super fácil e creo que vos vai encantar. Consiste en facer un Land Art, non sabedes o que é? Ensínovos o meu para que vos sirva de idea para o voso: 😊
Seguro que o facedes xenial! Intentádeo! 😍
Atendendo ás TAREFAS dos pequenos/as, hoxe comezo con Lucía, a cal estivo realizando o reto de buscar os números. Algúns dos que atopou son:
A partir de aquí, fixo varias actividades con eles:
Fíxoo xenial, verdade?
A maiores, estivo avanzando nas plantas a través de varias fichiñas do ciclo vital e das partes máis importantes. Fíxoas así de ben:
Finalmente, mandoume unha actividade escrita de mates a través do método ABN:
Traballou un montón! Segue así! 😍
Outro pequeno da mesma idade ca Lucía é Martiño, o cal ademais de facer a súa rutina diaria, estivo practicando o cadrante do 100 a través do bingo! Xenial! 😊
Xunto a isto, realizou dúas actividades escritas sobre distintos cadros, téndoos que relacionar co seu título en maiúsculas e minúsculas...
... e co seu autor!
Encántame todas as actividades que realizou! 😍
Para rematar a entrada, sinalar a unha das nenas de catro anos como é Navia, a cal tamén me mandou algunha fotiño do que estivo facendo estes días. Entre as tarefiñas, está o mural de Van Gogh, no cal pegou varios dos seus cadros e lle escribiu o título máis o ano. Ademais, puxo no medio o seu preferido: Os xirasois. Quedoulle así de ben:
Ademais disto, fixo varios debuxos como un no que incorporou tesouros que encontrou pola praia:
Está de marabilla! 😍
Outro dos que realizou é directamente para min e encantoume (saio co meu moño característico 😂):
Finalmente, tamén me mandou unha imaxe dun dos retos que fixo, o de buscar os obxectos coas letras dadas:
A maiores de todas estas actividades, contoume que está facendo moitísimas cousas da casa como lavar a louza, encartar roupa,... e pasea un montón ata a praia. Dalle tempo a todo! 😊
ENCÁNTAME QUE TRABALLEDES TODOS E TODAS TAN BEN! SEGUIDE ASÍ!
UN MONTÓN DE BICOS!
Comentarios
Publicar un comentario