RETO DIARIO E TAREFIÑAS ESCOLARES
Bos días familias,
Que tal onte? Por fin puidéstedes ir á praia? Seguides coa rutina escolar todos os días?
Hoxe o RETO que vos propoño ten como obxectivo traballar a orientación espacial, o equilibrio e a paciencia porque, ás veces, faise un pouquiño complicado 😀. Este consiste no reto do dominó, podendo facelo con pezas deste, pero tamén con outros materiais como fixen eu (bloques de madeira e libros). A partir de aquí, podedes realizar distintos camiños, mesturar materiais, facer que rode algo cando caia a última peza,...
Ensínovos os dous que fixen eu por se vos serven de inspiración:
Con respecto ás TAREFIÑAS, hoxe mandáronme moi pouquiños nenos/as (😌) e, entre eles, está Noa que me mandou fotos de todos os retos que fixo estes últimos días, como:
- Formar palabras a partir das que vos dei eu:
- Buscar caras polo entorno, creando ela as súas (quedáronlle de marabilla 😊):
- Escribir o seu nome empregando obxectos e escribíndolle o nome debaixo:
A maiores dos retos, plantou as lentellas xa a semana pasada e como podedes ver estanlle comezando a medrar:
Encántame todas as tarefas que fixo, están xeniais!! 😍 Xunto a imaxes delas, comentoume tamén que por fin puido ir á praia (seguro que o pasou súper ben) e que o sábado foi ver unha tartaruga que apareceu morta na praia de Pedrafigueira e que era enorme. Cantas cousiñas fixo! 😀
Outro neno que me manda un montón de cousiñas é Martiño, o cal tamén fixo o reto de escribir o seu nome con obxectos:
A maiores, escribiu os elementos que empregou practicando as minúsculas! Escribiu xenial 😍:
Tamén, practicou estas a través desta fichiña que elaborou a partir da lectura dun conto de Bubela...
... sen esquecerse nunca das matemáticas (lendo e resolvendo os exercicios e problemas):
Finalmente, mandoume unha imaxe onde se pode ver que as lentellas crecéronlle un montón, as plantas están enormes...
... e levou a cabo o reto das caras de maneira diferente mesturándoo coas plantas:
A estas caras, dentro de pouquiño tempo, sairalle pelo de herba! Encántame 😍 Se vós tamén o queredes facer, a mamá de Martiño compartiume o enlace:
Para rematar por hoxe, sinalar a Lucía que me mandou un montón de fotiños, entre as cales, se atopa os murais que elaborou sobre Vincent Van Gogh buscando e escribindo os sitios nos que viviu...
... e sobre os sete cadros de Os Xirasois:
Encántanme os murais! Tivo que levarlle un montón de tempo e traballo! 😍😍
Ademais de rematar estes, fixo o reto de escribir o seu nome con obxectos dunha maneira diferente 😊:
Finalmente, mandoume fotos de varias fichiñas que fixo relacionadas coa simetría...
... con actividades matemáticas...
... e coa lectoescritura:
Traballou un montón! 😍
Para rematar dita entrada, comentarvos que vos boto moitísimo de menos e teño moitas ganas de volver á normalidade, aínda que teñamos que esperar a setembro polo ben de todos/as! Seguide traballando así de ben e xogando!
19 BICOS E APERTAS!
Comentarios
Publicar un comentario