NOVO RETO E TAREFIÑAS!

Bos días familias, 

Que tal? Como pasástedes onte o día? Seguro que xenial e facendo un montón de cousiñas!

Hoxe, o RETO que vos propoño ten como obxectivo que traballedes a imaxinación e a creatividade e, a maiores, seguro que vos rides un montón. Dito reto consiste en facer fotografía creativa, queredes ver como me quedou a min?





Gustouvos? Pois agora tócavos a vós 😊.



Atendendo xa ás TAREFAS dos pequenos/as, hoxe comezo cos de menos idade e, entre eles, está Cloe, a cal me comentou que está realizando un montón de actividades e que fai todos os retos. Algúns dos que realizou foi:
- A paisaxe:

- O vaso-lanterna:

- O reto de buscar obxectos coas letras dadas:


Fíxoos xenial, verdade? 😍 

Outra actividade que tamén lle quedou de marabilla foi representar o cadro Os xirasois con plastilina en dúas e tres dimensións:



Encántame! 😊

Finalmente, mandoume tamén algunha actividade que realizou de matemáticas e de lectoescritura:


Está traballando un montón! A maiores, comentoume que está elaborando o mural de Van Gogh, que debuxa moitísimo, que pasea pola praia e que está observando as plantas! Que ben! 😀

Atendendo xa ao grupo de maiores, Martín tamén está realizando os retos que vos vou propoñendo, como o da torre de onte. Fíxoo así de ben:


Ademais, xa comezou a traballar as plantas facendo unha das actividades propostas:


Fíxoa xenial, verdade? Seguro que está aprendendo un montón! 😍

Outro dos pequenos/as que tamén fixo o reto da torre é Martiño, que me mandou fotiños de todos os pasos:
Primeiro, mediuse el (mide 1,1 m)...


... e logo fixo a torre e comparouse!


Fixo xenial a actividade 😊. Xunto a todo isto, realizou a tarefa dos xirasois pintando con acuarelas unha representación xa feita. Quedoulle así de ben:


Finalmente, comentoume que estivo xogando a un xogo de mesa de construír palabras. Seguro que o pasou xenial e lle serviu para aprender un montón sen darse de conta! 


Encántame! 😍

Outra das pequenas é Noa que me dixo que foi visitar aos seus avós e que quedou contentísima! 😊. Ademais, comentoume que foi dar paseos por Caldebarcos e que fai todos os días unha rutina con tarefiñas da escola: matemáticas, lectura, escritura, e se lle dá tempo, tamén unha manualidade ou crebacabezas. Entre os libros que leu está "As pitas baixo a choiva" de Carballo Calero, o cal é o homenaxeado este ano das Letras Galegas.
A maiores de todo isto, leva a práctica os retos que vos propoño como o do vaso-lanterna, que lle quedou de marabilla:


Está xenial, verdade? 😍
Pois tamén me mandou unha fotiño dun dos bicharracos que fixo...


... e dun collage de A noite estrelada que seguro que lle levou un montón de traballo e tempo, pero que lle quedou de marabilla:


Está chulísimo 😍!

Para rematar cos nenos e nenas por hoxe, sinalar a Lucía que todos os días me manda cousiñas do que vai facendo. Entre elas, está o reto da torre que fixo xenial!



Ademais, estase facendo toda unha experta nas plantas, facendo un montón de actividades, como algunha fichiña na que ten que escribir as partes e algunha das súas características:


Ademais, aproveitando o paseo e axudándose desta ficha clasificou follas que foi atopando:



Estao facendo xenial! 😍
Finalmente, doulle tempo incluso a facer algunha actividade escrita de matemáticas:




Traballa un montón, verdade? Segue así de ben! 😀

Finalmente, darvos as grazas, a vós, as familias e aos pequenos/as, por participar tanto no que vos propoño e mandarme fotos tan chulas como as que me mandades.

MOITÍSIMAS APERTAS!

Pato Grande Abrazo De Oso De Dibujos Animados Con La Ilustración ...





Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS