NOVAS PROPOSTAS SOBRE VAN GOGH E AS PLANTAS


Bos días familias, 

Que tal? Como pasaron os nenos e nenas o fin de semana? Seguro que xenial porque fixo moi bo tempo para pasear 😊.

A primeira entrada que realizo hoxe ten que ver coa continuación da proposta de Van Gogh. Neste caso, vamos a centrarnos nun dos seus cadros máis famosos: OS XIRASOIS!

Vincent Willem van Gogh 128.jpg

Sabíades que Van Gogh non só fixo un só cadro de xirasois? Fixo moitos máis, buscade a ver cantos atopades! Douvos algunha pista, algúns deles son:

Jarrón con cinco girasoles. Destruido por el fuego en la II Guerra Mundial.

Un jarrón con quince girasoles

A partir da busca desta información e de recoñecer como pintaba estas flores, podedes facer vós o seu cadro. Para elo, podedes empregar diferentes técnicas como acuarelas, plastilina,...
Algún exemplo é:



cereal box sunflowers

Se, por outra banda, queredes imitar a súa creación, aquí vos presento un enlace onde se van explicando os diferentes pasos:


Seguro que o facedes xenial! 😍

Comentarvos tamén que a partir deste cadro de flores, podemos traballar as plantas, sobre todo, destacando a estación actual na que estamos: a primavera! 🌷🌹🌲
Para explicar estas, as súas partes e o crecemento, mándovos un novo enlace que explica moi ben todo isto:


A través deste, podemos ver que as plantas son seres vivos polo que fan, ao igual que nós e os animais, as funcións básicas:

NACEN - CRECEN - REPRODÚCENSE - MORREN

A continuación, podedes presentarlle aos nenos/as as partes principais destas de maneira máis realista:




Logo de observar o vídeo e as imaxes, tense que levar todo o novo coñecemento á vida real, polo que cando saiades a pasear podedes fixarvos en varios aspectos:

- A maior parte das plantas teñen flor, aínda que non sempre é como pensamos previamente.
- As flores teñen formas e cores diferentes.
- Ver as distintas partes das flores.
- Observar as diferentes partes nos arbustos, nas árbores e nas flores. 
- Mirar distintos froitos.
- Arrancar unha planta (só unha) para poder ver e tocar as distintas partes.
- Explicarlles como se alimentan vendo que teñen auga do solo, luz solar, minerais,...

Finalmente, podedes plasmar todo este coñecemento a papel collendo a planta arrancada, pegándoa nun folio e escribindo as súas partes. Tamén, podedes facer o ciclo vital das plantas, escribir o que necesitan para vivir,...

Máis adiante, outra proposta que vos vou facer será plantar unha semilla, pero pouquiño a pouco 😊.

Espero que vos guste esta nova proposta 😀.

 Mil bicos!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS NENOS/AS

DESPEDIDA

NOVO RETO DIARIO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS