RETO E TAREFIÑAS DOS PEQUENOS/AS
Bos días outra vez familias,
A maiores da actividade da planta, preséntovos tamén o novo RETO diario. Hoxe, este consiste en buscar pola casa ou por fóra, sete obxectos pero cunha particularidade:
- Dous deles teñen que ter catro letras no seu nome.
- Tres con cinco letras no seu nome.
- Dous con seis letras no seu nome.
Atendendo xa ás TAREFAS que me foron mandando os pequenos/as estes días, nesta entrada comezarei cos máis maiores, entre os cales, está Martiño, quen ademais de plantar xa as lentellas como podedes ver na outra entrada de hoxe, realizou os dous últimos retos: o de elixir a súa palabra favorita en galego, a cal é...
AMARELO
porque é a súa cor favorita.
... e o das actividades en familia, indo pasear, xogando ás cartas, bailando en familia,...
Encántanme os dous retos! 😊
Ademais disto, conmemorou, en colaboración coa súa irmá Carmela, a Ricardo Carvalho Calero a través da lectura e a representación en imaxes do conto de As pitas baixo a choiva:
Finalmente, leu o conto de Os bolechas van en nave espacial e, entre os dous irmáns maiores, fixeron unha nave que lles quedou así de ben:
Traballou un montón! 😍
Atendendo a outro pequeno/a de cinco anos que tamén fixo un montón de cousas, está Laura, que puxo en práctica varios dos retos que vos propuxen como é o vaso-lanterna elaborando dous (quedáronlle chulísimos 😊) ...
... ou a creación da torre máis alta ca ela:
A maiores, está afondando no coñecemento das plantas facendo varias fichiñas para recoñecer as súas partes, fíxoas así de ben practicando ademais as minúsculas:
Logo, dito coñecemento levouno á realidade cunha planta que colleu:
Finalmente, fixo unha representación chulísima do cadro Os xirasois de Van Gogh:
Encantoume todas as actividades que realizou. A maiores, díxome súa nai que pasea todos os días, que xa non usa os rodíns na bici, que axuda moítisimo coas tarefas da casa e que xa comezou a ler. Segue así de ben! 😍
Outro dos pequenos que realiza os retos diarios é Martín, o cal fixo o das fotos creativas, así de ben:
Quedáronlle xenial, verdade? Canta imaxinación! 😍
Finalmente, mandoume unha fichiña de mates que estivo facendo:
Por outra banda, Lucía estivo realizando tamén algunha fichiña de problemas matemáticos, facéndoo xenial:
Ademais, puxo en práctica un experimento dun libro super chulo que comprou de plantas:
Púxoo en práctica así de ben:
Colleu os ingredientes: acelgas, auga e colorante...
Puxo colorante...
Mesturou para ter a cor morada...
...e despois de cortar un pouquiño as acelgas meteunas a mollo e deixou pasar 24-48 horas para que fora subindo o colorante...
Vístedes como subía a cor polo talo? Encántame os experimentos que fai! 😍
Para rematar cos máis maiores da aula, sinalar a Álex, o cal fixo unha actividade super chula de relacionar os títulos de obras de Van Gogh co seu cadro correspondente. Fíxoo así de ben:
A maiores, buscou os sete cadros de Os xirasois que pintou Van Gogh...
... e fixo o reto de Land Art:
Quedoulle xenial! 😊
Finalmente, realizou tamén a actividade da planta escribindo as súas principais partes...
... e foi pasear:
Traballa un montón, a que si? 😍
Atendendo xa aos nenos e nenas de 4 anos, hoxe comezarei con Desiree, que me mandou un montón de fotos con todo o que fixo. Entre o que me mandou, está o reto das nubes, onde encontrou un avión...
... e un corazón:
Xunto a isto, segue practicando matemáticas a través da tablet e de fichiñas, así de ben:
Como podedes ver nesta última imaxe, tamén fixo o reto de buscar as letras. Xenial! 😀Xunto a todas estas actividades de números, continúa a realizar actividades para traballar as letras e palabras significativas...
A maiores, realizou varias actividades do mestre Dani, como o borrajancho e o cartel para conmemorar as Letras Galegas...
Finalmente, comentoume que por fin puido ver a Adrián Otero e a Sara e xogou un montón con eles. Ademais, coa súa mellor amiga fixo unha ficha de pintar a Van Gogh:
Quedoulle chulísimo, verdade? Segue traballando así de ben! 😍
Outra pequena que tamén realiza distintas actividades é Alma, a cal está feita toda unha axudante de cociña:
Ademais, está traballando o corpo humano e a lectoescritura de marabilla:
Segue así! 😊
Para rematar cos pequenos/as, Gabriel tamén fai un montón de cousiñas, entre elas, está o mural de Van Gogh, que lle está quedando chulísimo:
Que ganas de velo rematado!
Ademais disto, está practicando a escritura e a vocalización de letras, así de ben!
Fixo un montón, verdade? Pois, a maiores, tamén pasea con seu irmán Manu e pásano xenial! 😍
Para rematar dita entrada, convidarvos a seguir traballando tan ben, pero gozando deste bo tempo!
MOITÍSIMAS APERTAS
Comentarios
Publicar un comentario